SINDICALISMO COLABORATIVO en Citroën Vigo

SINDICALISMO COLABORATIVO en Citroën Vigo

100

No día de onte, celebráronse varias xuntanzas entre a Dirección e o pleno do Comité.  

A primeira versaba sobre o proceso de eleccións sindicais que esta previsto se celebre na fabrica no mes de Outubro. Xa comeza, ao noso entender, a inxerencia das partes (Empresa/Sindicatos) para tutelar este proceso. Despois non digamos que o único culpable da nosa situación e o amarelo, sempre existe o colaboracionismo sindical doutros.

A segunda parte versou sobre a materia produtiva e as paradas dos últimos días. Todo o perdido dunha maneira ou doutra, a pesares de quen toma con certa ledicia os paróns produtivos, trae consecuencias. Nos salarios a tempo parcial, sábados para o Sistema 2 obrigatorios para saldos de bolsa de horas negativos superior a -10 en setembro, e non sabemos o alcance que terá para os que subscribiron o ultimo acordo de recuperación.

O posicionamento da CUT foi claro, pediu a Dirección o pagamento dos días de parada e que os mesmos computen como xornada de traballo, sen cargo a días de adecuación nin a Bolsa de Horas. Petición que non gozou do mesmo apoio que tivo a Dirección co acordo que presentou de cara as eleccións sindicais. O documento de Bolsa de Horas asinado pola maioría dos sindicatos colaboracionistas é o que lle permite a Dirección xogar ca nosa vida laboral e persoal a libre discreción e cos nosos salarios, un acordo que o noso entender esta por debaixo do que a lexislación vixente establece, en estudo pola nosa asesoría xurídica.

No punto de rogos e preguntas, a CUT lle fixo chegar a Dirección as seguintes cuestións:

  • Falla de limpeza na fabrica, perigosidade da saída sur camións aparcados e iluminación.
  • ILUNIÓN: Nas ultimas datas son varios os accidentes sufridos por estes compañeiros/as, traballadores/as moitos deles con discapacidades que son obrigados/as a desenrolar traballos con menos efectivos dos que antes realizaban o persoal de PSA, prolongacións de xornadas por enriba das 8h e traballos en Sábado, que non poden realizar por lei pola súa discapacidade. Así como falla de vestiarios, etc…
  • ALSERVI: Colectivo que realizan en algún caso xornadas de 16 horas de traballo, a maiores que existe un numero importante que traballan sobre o vehículo e que está proliferando no Centro, que pode desenvorcar nunha cesión ilegal de traballadores/as.

Temos que falar tamén da ETT RANDSTAD: Unha empresa que ven de ser advertida pola Inspección de traballo ao respecto das prendas de seguridade, así como foi requirida a aboar o plus de nocturnidade aos traballadores/as que desempeñen traballos nesta quenda  xa que a empresa deixou de aboalo, tanto para os actuais traballadores/as como para aqueles que xa non están dende a data que deixou de aboarse.

Esta é a fabrica 4.0 que nos venden. PRECARIEDADE 4.0 mais ben.

A CUT ponse a disposición dos/as traballadores/as das diferentes empresas.