Xunta e Fiscalía, represión sindical

Xunta e Fiscalía, represión sindical

274

A folga da Xustiza feriu nas entrañas do poder. Non poden permitir que sexa nun dos piares do seu estado de “pseudodereito” onde se dea exemplo de loita de clase e confrontación directa coa patronal, desta vez pública.

No seu esquema de valores capitalistas, o funcionariado debe dobregarse aos intereses da clase dominante e comungar coas súas ordes; pero a Xustiza dixo non. Mantiveron unha folga de tres meses cun seguimento xeral superior ao 85%, rompendo os esquemas da Xunta e resistindo ao seu despotismo e prepotencia. Só puideron pechar o conflito coa colaboración habitual dos sindicatos amarelos que maman os cartos públicos para esquecer a súa conciencia; é a factura da corruptela nacida do réxime do 78.

comezamos cunha concentración o venres día 22 de xuño ás 10:30 diante da Audiencia de Pontevedra onde ten que acudir a nosa compañeira delegada Josefina e Kike do STAJ. Seguiremos con outra concentración diante dos xulgados da Coruña o mércores 4 de xullo ás 12 horas acompañando a Javi da CUT e Chelo da CIG.

A historia, unha vez máis, demostra a falacia da suposta separación de poderes. A Xunta ordena: hai que cargarse aos sindicatos que nos botaron o pulso, hai que descabezalos, hai que aniquilalos de aquí ás seguintes eleccións. A fiscalía obedece: incoamos expedientes pola vía penal. A por eles oe!

Non calcularon ben a forza que tiña a dignidade das traballadoras da Xustiza na folga e volven calcular mal de novo. Canta máis represión, máis resposta atoparán en nós. Dende a CUT poñémonos en marcha dende agora para mobilizarnos polos compañeiros e compañeiras represaliadas da CUT, do STAJ e da CIG. E comezamos cunha concentración o venres día 22 de xuño ás 10:30 diante da Audiencia de Pontevedra onde ten que acudir a nosa compañeira delegada Josefina e Kike do STAJ. Seguiremos con outra concentración diante dos xulgados da Coruña o mércores 4 de xullo ás 12 horas acompañando a Javi da CUT e Chelo da CIG.

A súa represión non nos amedrenta, fainos máis fortes!!