Daqueles Polvos estes Lodos- nota sindical Psa Vigo

Daqueles Polvos estes Lodos- nota sindical Psa Vigo

A creación de emprego non pode nin debe ser a xustificación...

74

BREVE CRONOLOXÍA:

No ERE/ERTE 16-18, EMPRESA e os sindicatos: FSI, UGT, e CC.OO asinan a constitución dunha equipa de traballo complementaria a quenda de noite. De 12h diarias de traballo efectivo.

En Decembro de 2017 re-negociaban o asinado no ERE-ERTE, establecendo unhas normas xenéricas de funcionamento desta “equipa variable”: – posibilidade de programarlle actividade entre semana en calquera quenda, – variabilidade de horarios, – posibilidade de ampliar a xornada prevista en 30 min, – 45´de tempo de comida, – posibilidade de vacacións distintas e menor duración continuada ao resto dos/as traballadores/as do Centro, – Complemento de fin de semana inferior ao existente, etc… Como demostra o tempo, as presas por asinar de cara a vender e sacar rédito dá contratación, trouxo consecuencias.

ACTUACIÓN DA EMPRESA:

A partir do mes de Marzo a Empresa de xeito unilateral, co silencio cómplice dos asinantes, decide implantar:

  • Un sistema rotatorio de traballo en “Finde” para Mantemento Industrial e outros colectivos, rebaixando complementos económicos.
  • Alteración dos “descansos” en Montaxe, incumprindo acordos do ano 2003, 2012.
  • O compromiso de asumir a comida desta 4ª quenda, o muda por un “Pack de Bocadillo”, que incluso algúns sindicatos o celebran como unha opción mais a poñer a disposición dos/as traballadores/as (lamentable).

SABADO 9 Xuño – INAUGURACIÓN DA 4ª QUENDA:

O día de arranque da 4º quenda a CUT fixo un percorrido polas liñas e estibo presente no comedor e no taller nas horas de comida. O numero de traballadores/as nestas xornadas de Sábado e Domingo superaba os 850. Desa cantidade case 600 eran unicamente de Montaxe, e o resto dos demais talleres da fabrica (Ferraxe, Pintura, etc).

O comedor ten unha capacidade máxima de 550 persoas. A 1ª quenda en facer uso do comedor era precisamente os/as traballadores/as de Montaxe, e os números xa durante a semana comezaban a non cadrar. O volume de xente superaba a capacidade e con tan só 45´ minutos de tempo de comida facía temer retrasos e que a liña non arrancara na hora prevista.

O establecemento do “Pack de Bocadillo” que durante a semana moitos Encargados/as encargáronse de vender as súas bondades, (eles foron o comedor) fixo que o Sábado do total previsto 160 persoas optaran por esta formula. O Domingo despois das colas na entrada e saída do comedor e o escaso tempo, o numero de traballadores/as que optou polo “Bocadillo” ascendeu a 200. Sen contar os que trouxeron a comida da súa casa.

A empresa coa responsabilidade social que a caracteriza con esta xogada eliminou case 1/3 de traballadores/as que farían uso do comedor resolvendo problemas de aforro e de fluxos de xente nas horas puntas, e porque non dicilo, estableceu un aforro económico coa medida.

A “creación de emprego” non pode nin debe seguir sendo a xustificación que algúns venden para rebaixar as condicións laborais i económicas para o seu beneficio propio.

A igual traballo , igual salario!

 CUT – SINDICALISMO nECESARIO