En pé a comarca de Ourense

256

Este sábado 2 de xuño celebramos unha asemblea comarcal e un posterior xantar proletario que puña a andar a nova comarca da CUT en Ourense.

A xuntanza tivo como finalidade pór en común os pasos que vai  seguir o sindicato nos vindeiros meses, que pasan polo aumento da afiliación, aproveitando o Plan Nacional de Afiliación, e buscar o noso propio espazo nos centros de traballo da cidade neste ano electoral que a comarca afrontará con forza e ilusión.

A primeira executiva de Ourense

Ao rematar a asemblea comezou a festa arredor da camaradería, das tortillas e do lacón que prepararon as compañeiras e compañeiros da comarca, para rematar cos acordes e letras do Leo, que servirán para enchernos de forza cara o futuro de loita.

Alex asume a secretaría comarcal

Saudamos o nacemento da comarca e agradecemos o compromiso que asume a súa primeira executiva, formada por Paloma, Moisés, Alfonso, Sara, Guille e Alex, quen exercerá ademais de responsable comarcal.