Denunciamos o asasinato de Soumaila Sacko

Denunciamos o asasinato de Soumaila Sacko

109

A semana pasada foi asasinado en Italia o inmigrante maliense Soumalia Sacko, traballador de 29 anos, afiliado ao sindicato USB e destacado activista social na defensa dos dereitos das traballadoras inmigrantes.

Desde a CUT transmitimos as nosas condolencias e solidariedade á USB e á familia do militante asasinado. Este asasinato de marcado tinte racista e xenófobo hai que enmarcalo na enxurrada que invade a Europa do capital, derivada das políticas antimigratorias dos distintos gobernos. Italia, co ministro do Interior Salvini, coñecido polas súas ideas homófobas e de ultradereita, non ía quedar atrás.

A esquerda real, sexa política, social ou sindical non pode quedar impasible diante da vaga racista que percorre a Europa do Capital. Todo o noso apoio e a nosa solidariedade coa Folga Xeral planteada para este luns día 4 de xuño en Italia.