Liberdade para Fran Molero, do SAT!

52

O Sindicalismo Alternativo ante o ingreso na cadea do compañeiro Fran Molero,
do Sindicato Andaluz de Traballadores (SAT)

EXIXIMOS A ANULACIÓN DA SENTENZA E A LIBRE ABSOLUCIÓN DE FRAN MOLERO

-Trátase dun xuízo político, dunha condea política; é un novo intento de criminalizar ás persoas loitadoras e que só persegue instalar o medo a protestar e rebelarse contra as inxustizas-

Mañá 30 de maio de 2018 está prevista a entrada na prisión de Archidona do compañeiro e militante do SAT Fran Molero. Fran foi detido na manifestación “Rodea O Congreso” celebrada en Madrid o 23 de abril de 2013, durante as violentas cargas policiais que se produciron. O seu único delicto foi participar na manifestación, vestir de negro e levar un pañuelo palestino; detivérono a el como podían ternos detido a calquera das persoas que estabamos alí. Levárono á comisaria de Moratalaz, onde foi agredido fisica e verbalmente, e acusado de atentado á autoridade por un supuesto lanzamento de pedras contra as columnas policiais que cargaban contra o groso da manifestación con porras e pelotas.

Estando en comisaria observou como deambulaban por alí policías de paisano con estética “antisistema”, probablemente despois de realizar a súa tarefa de rebentar a manifestación para xustificar as cargas policiais. O xuízo foi unha farsa, sen garantías xurídicas, sen probas e con só a declaración duns poucos policías que afirmaban que, malia encontrarse nun escenario de cargas policiais, puideron identificar desde lonxe a Fran lanzando pedras, unha persoa chegada desde Málaga, sen antecedentes, pero que vestía de negro e con pañuelo palestino, como centos de persoas presentes na manifestación.

Os sindicatos asinantes, rexeitamos e condenamos este tipo de actuacións xudiciais e políticas, exiximos a inmediata posta en liberdade de Fran Molero, e anunciamos o noso compromiso e vontade de participar en cantas mobilizacións se convoquen, facendo un chamamento a toda a nosa afiliación e ao conxunto da sociedade a sumarse a todos os actos de protesta que se convoquen para exixir que se faga xustiza, liberando unha persoa noble e loitadora que prenderon inxustamente.

29 de maio de 2018
¡¡ LIBERDADE PARA FRAN MOLERO!!

*Asinan: CUT (CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS), CSI, ESK, INTERSINDICAL VALENCIANA, SAT, CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL, IACK, LAB, STEILLAS E CUT (COLECTIVO UNITARIO DE TRABAJADORES)