Anótate ao xantar de inauguración da comarca de Ourense: sábado 2 de xuño

112

 

O vindeiro sábado 2 de xuño temos unha festa das lindas e para non esquecer! Inauguramos por fin formalmente a comarca da CUT en Ourense.

Malia que o noso local está xa case listo na capital, celebraremos o convívio cun xantar na aldea de Seixalbo, moi pretiño da cidade.

Anótate xa por correo ou teléfono como indica o cartaz para facilitarlle a tarefa ás compas que organizan.

Non perdas esta troula das que pasan á historia!