A discriminación salarial das persoas con diversidade funcional

223
sdr

Cada vez máis están a aparecer empresas especializadas na contratación de persoas con discapacidade. Lonxe de ser un triunfo para a integración de este colectivo, o que está a ter lugar é a discriminación salarial en función das distintas capacidades das traballadoras.

A lei de integración social do minusválido, de 1982, establece, para as empresas públicas e privadas de máis de 50 traballadores, a obrigatoriedade de contratar a un número de traballadoras con discapacidade non inferior ao 2%, e crea, a figura do Centro Especial de Emprego, para acoller a aquelas persoas que, polas súas especiais dificultades, non poidan prestar servizos no mercado ordinario de traballo, e precisen un período de integración.

Como a actividade produtiva destes centros non tiña oco no mercado laboral, xa que se trataba de talleres dedicados a fomentar a inserción e a autonomía persoal, dispoñen dun convenio propio que regula esta relación especial de traballo e grandes vantaxes fiscais que permiten a súa continuidade. Bonifícase o 100% da cota empresarial á seguridade social e o custo salarial ata o 50% do SMI.

Para facilitar que as empresas cumprisen coa obrigatoriedade de contratar a persoal con discapacidade, dende o ano 2.000, permítese celebrar contratos de prestación de servizos con CEEs como medida alternativa ao cumprimento da cota de reserva do 2%.

Isto fomenta que, en lugar de contratar a persoal propio que preste servizos relacionados coa actividade normal da empresa, se opte por externalizar os servizos de limpeza, conserxería ou almacén (por citar os máis comúns) con un CEE.

Na actualidade, os Centros Especiais de Emprego transformáronse en empresas multiservizos, cun convenio propio que fixa o salario á altura do SMI.

O máis perverso vén cando grandes empresas de servizos crean grupos de empresa ordinaria + CEE afín co único obxecto de aumentar os beneficios, ou ofrecer o prezo máis competitivo á hora de obter contratos públicos. Danse casos nos que, as traballadoras con discapacidade, cubrimos as vacantes do persoal da empresa ordinaria, realizando as mesmas tarefas, por un prezo moi inferior.

O máis perverso vén cando grandes empresas de servizos crean grupos de empresa ordinaria + CEE afín co único obxecto de aumentar os beneficios, ou ofrecer o prezo máis competitivo á hora de obter contratos públicos. Danse casos nos que, as traballadoras con discapacidade, cubrimos as vacantes do persoal da empresa ordinaria, realizando as mesmas tarefas, por un prezo moi inferior.

Por outra banda, debido a que as ofertas que publican as empresas piden persoal con discapacidades non limitantes, seguen quedando fóra do mercado as persoas con grandes dificultades de inclusión e, precarízase a situación de traballadoras que deberamos estar insertas no mercado ordinario.

Éncheme de carraxe saber que, cando nunha entrevista, me falan de oportunidades para un colectivo e da responsabilidade social que ten a empresa, vou rematar realizando calquera traballo polo soldo mínimo. Porque a forma máis simple de evitar os convenios sectoriais é aplicar o que regula as condicións de traballo das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego. Aínda que as empresas que os aplican non teñan, nin de lonxe, a aparencia de talleres ou obradores que faciliten a inserción de persoas con dificultades para acceder ao mercado laboral.

Debemos denunciar o abuso que se está a dar por parte das empresas que se acollen a éstas bonificacións de forma fraudulenta. Porque non teñen un carácter social, non lles interesa a inclusión, só poder aplicar un soldo inferior e ter unhas exencións fiscais que aumenten a súa marxe de beneficios.

POR UNHA INCLUSIÓN SEN DISTINCIÓNS XA!

* A autora deste artigo é unha militante da CUT que prefire permanecer no anonimato para non ter aínda máis problemas para acceder ao limitado e miserento mercado laboral que denuncia.