Cims-Psp Psa Vigo ( continuación) 8 maio

198

No día de onte, o Presidente do Comité de Empresa que a súa vez é Encargado de Ferraxe e membro do sindicato FSI-SITC como non podía ser doutra maneira, ven de entregar a Sección Sindical da CUT copia dun escrito e documentación anexa que lle foi remitida segundo el mesmo pola Dirección de Empresa, ao respecto dos cambios organizativos de posta en marcha da 7ª noite e 4ª quenda para colectivos de Mantemento e PSP, onde figuran calendarios dos diferentes talleres, e listado do persoal asociado a cada un deles.

Sorprende que o escrito que nos entrega no día de onte veña con data de 24 de Abril; sorprende que o recollera o mesmo día e tardara case 15 días para facer entrega do mesmo a esta Sección Sindical; sorprende que o faga despois de que a CUT anunciara nunha nota publicamente a denuncia interposta no xulgado ante as modificacións substanciais das condicións de traballo destes colectivos sen negociar co Comité; sorprende… ou quizais a estas alturas nada nos sorprende. A Empresa e os seus cómplices xa comezan a tomar posicións…

Como diciamos na anterior nota, veremos o que defende cada un. Poden defender as teses da CUT que incluso xa houbo quen as ratificou no papel, que o aguanta todo, outra cousa moi distinta e ver que defenderan no xulgado.

Ante unha denuncia por Conflito Colectivo, a lexislación nos obriga a denunciar a Empresa e ao resto dos sindicatos con presenza no Comité como partes lexitimadas. No acto do xuízo cada un pode defender, a pesares de quen sexa o denunciante, a postura que considere mais correcta. Ou como ven sendo a tónica dos últimos conflitos por parte dalgúns sindicatos, nin tan sequera presentarse no xuízo. Esa postura é fuxir da responsabilidade, e apoiar indirectamente as teses da Empresa.