Presentada denuncia pola modificacións de condicións… en Psa Vigo

Presentada denuncia pola modificacións de condicións… en Psa Vigo

209

O 27 de Abril, a CUT presentou denuncia no Servizo de Mediación Arbitraxe e Conciliación (SMAC) ante a continua e reiterada modificación substancial das condicións de traballo dos diferentes talleres e quendas de Mantemento, CIM-PSP, etc… así como doutros colectivos que se están levando a cabo, silenciosamente, sen negociar ca Representación Legal dos/as Traballadores/as. A denuncia no SMAC contra PSA e os sindicatos integrantes do comité, é un requisito necesario e obrigado pola lei, como fase previa a presentación de demanda no xulgado.

A voluntariedade mediante a chantaxe persoal ou económica, non é voluntariedade!. A Empresa di ter necesidades para industrializar o K9 nestes talleres, pero de novo esquece as necesidades dos/as traballadores/as.

Dende a CUT non nos opoñemos a que a fabrica teña mais capacidade produtiva, pero canto maior sexa a apertura da fabrica, mais aproveitamento existe do útil industrial, e por “ende”, maiores serán os seus beneficios. O xusto é que eses beneficios repercutan n@s traballadoras/es no económico e no social, e non ao revés.

Se permitimos que a Empresa siga impoñendo as súas regras, sen negociar, NUNCA PARAREMOS OS RETROCESOS!. É necesario establecer unha negociación. Este é o obxectivo da CUT con esta demanda, negociar para mellorar as condicións económicas e sociais destes colectivos, ou de futuros, en igualdade coas melloras económicas do Grupo. Veremos que posición vai defender cada un cando se celebre o xuízo.

Como estratexia da Empresa non seria de estrañar que para botarnos enriba estes colectivos, intente impoñer unilateralmente o seu criterio inicial de calendarios, botándolle a culpa a CUT ante a demanda interposta, ao igual que fixo no ERE paralizando a saída de traballadores/as que xerou malestar entre os que estaban interesados/as en marchar por calquera da modalidades do mesmo. Pedimos a comprensión dos afectados si isto sucedese.

Pero esta Central xamais vai supeditar o individual fronte o colectivo, incluso ganándose a repulsa dos traballadores/as que so miran o seu embigo e non o da totalidade da plantilla, sexa ou non afiliado/a desta Central Sindical.

Poñen o pe na porta, e despois meten todo o corpo! As quendas rotativas restan postos de traballo e aumentan a flexibilidade gratuíta da plantilla.

AGORA CADA QUEN QUE SAQUE AS SÚAS CONCLUSIÓNS