Sementando a Desigualdade?

Dende fai meses, a Dirección da Empresa leva modificando as condicións de traballo e calendario laboral ao seu antollo . . .

107

Dende fai meses, a Dirección da Empresa leva modificando as condicións de traballo e calendario laboral ao seu antollo, dos diferentes colectivos da fábrica de Mantemento noite e día. A Empresa modificou unilateralmente as súas xornadas, establecendo como laborais para estes colectivos Sábados, Domingos e Festivos. Dita modificación realizouse sen establecer unha negociación como marca a Lei co Comité, levando a súa propia “negociación” polos talleres cunha parte dos/as traballadores/as.

A opción que lle daban era: “amputar parte do brazo”. Pero, se voluntariamente o deixaban “amputar”, so terían que cortar pola man, e de non ser así, o farían polo codo. Maioritariamente os talleres ante os calendarios impostos, presentaron calendarios alternativos que intentaban minimizar o traballo en fin de semana e festivos, e a Dirección ante “el clamor popular” aceptou parte das diferentes propostas que lle fixeron chegar. Dende a CUT pensamos que iso xa formaba parte da súa estratexia, ao ser os propios traballadores/as quen presentan alternativas, tentando fuxir de negociar co Comité.

O método a utilizar, “a chantaxe”, quen acepte o traballo voluntario en fin de semana cobra 50€/8h, e quen non o faga ira igualmente e cobrara 32€/8h. A quenda de noite de Mantemento xa traballa baixo este réxime dende o 2 de Abril, e os do día o farán a partires do 2 de Maio.

Agora negocia co colectivo de CIM-PSP, e mais adiante seguro o fará cos ADP doutras zoas de fabrica. Os CIM-PSP ante o malestar que esta situación creou, pedindo incluso moitos/as deles/as pasar a produción, a Dirección lles propuxo para completar a súa presenza na 4ª quenda de fin de semana, que “roten”. E dicir, cando esa semana están de mañan traballarían de xeito “voluntario” ou Sábado, ou Domingo. A diferenza cos de Mantemento e que a súa xornada sigue sendo de luns a venres, e o traballo en fin de semana será retribuído como horas estruturais. Polo que o fin de semana e festivos, non son obrigatorios para eles/as, namentres que na maioría do colectivo de Mantemento SI. Diferencias salariais:

MANTEMENTO OBRIGADO 65€+32€=   97€ xornada/8h
MANTEMENTO VOLUNTARIO 65€+50€= 115€ xornada/8h
CIM-PSP                 145€ Sábado EXTRA/8h

 

As diferencias salariais incluso chegan preto de 60€ en 12h. Os CIM-PSP segundo o taller cobrarían entorno aos 217€/12h. Todo isto ante o silencio da maioría do Comité.

Do amarelo xa non agardamos nada, porque “es la voz de su amo”. Pero os que falan de que é o momento de recuperar dereitos, os que nós convocan a manifestarnos o 1º de Maio, deberan reflexionar. Para non ter que recuperalos, e mellor non deixar perdelos!.

AGORA CADA QUEN QUE SAQUE AS SÚAS CONCLUSIÓNS