Non á guerra imperialista contra o pobo sirio

63

As hordas criminais de USA, Reino Unido e Francia acaban de perpetrar un novo ataque co que dan en chamar mísil intelixente contra o territorio sirio e a súa poboación. Atrás quedan sete anos de guerra xenocida contra este país árabe, polo delicto de non dobregarse fronte o mandato imperialista.

Nesta ocasión a coartada da coalición imperialista é o presunto uso de armas químicas por parte do Goberno de Damasco, unha falacia fabricada como foi no pasado un pretexto semellante para destruír Irak e Libia.

As verdadeiras razóns desta agresión militar son outras. Se no caso iraquí e libio foi apoderarse dos seus inmensos recursos enerxéticos de crudo e gas, no caso que nos ocupa hoxe en Siria, máis que os seus recursos, é a proposta antiimperialista do seu goberno e a súa posición xeoestratéxica no complexo contencioso de control de Oriente Medio por parte dos invasores.

Desde a CUT condenamos a agresión xenocida de USA, Reino Unido e Francia porque se trata dun acto que viola o Dereito Internacional e a Carta da ONU. Tratando de boicotear os grandes avances no proceso de diálogo en pro da Paz para este pobo. O imperialismo non pode recoñecer a súa derrota despois da inversión de inxentes recursos nesta guerra.

Desde a CUT tamén condenamos a posición cómplice do Goberno do PP, e dos demais partidos do Réxime, permitindo incluso a utilización de bases militares no territorio do estado Español para desenvolver as actuacións terroristas denunciadas.

A CUT chama á clase traballadora de Galicia para mobilizarse fronte á Guerra e en solidariedade con Siria.