Nova Organización en Feraxe- Psa Vigo

Nova Organización en Feraxe- Psa Vigo

Cando imos falar do que precisan @ traballadoras/es?

135

A empresa quere os sete días da semana, incluídos os festivos, sexan laborais.

Pretende instaurar un “corre-quendas” para cubrir as necesidades que a posta en marcha do 4ª equipa vai crear. O Colectivo directamente afectado son @s traballadores/as de mantemento, os CIM/PSP, e todo o colectivo de traballadoras/es de ferraxe do M3/M4, incluíndo a xerarquía dos talleres.

Mantemento:

Un calendario rotatorio obrigatorio para as tres quendas de traballo de sete días a semana incluídos festivos. Cunha compensación económica de 2´55€ por hora, 20€ brutos por xornada de 8 horas.

CIM/PSP B9:

Un calendario rotatorio obrigatorio para as quendas de día de sete días a semana incluídos festivos. Cunha compensación económica de 2´55€ por hora, 20€ brutos por xornada de 8 horas.

CIM/PSP K9+B78:

Un calendario rotatorio obrigatorio para as tres quendas de traballo de sete días a semana incluídos festivos. Coa particularidade de que os afectados da quenda de noite librarían o sábado pola noite, sempre e cando o domingo noite non sexa laborable. Cunha compensación económica de 2´55€ por hora, 20 € brutos por xornada de 8 horas.

Evolución contía económica por xornada de oito horas en fin de semana

 (Os complementos son excluíntes)

2013 2014 Acordo

4º EQUIPA

CORRETURNOS
Entre 60,66€ e 66,10€, dependendo do nivel 50€ 32€ 20€

M3/M4:

Sábados e Domingos diúrnos de traballo de carácter estrutural e “voluntario”. A xornada de sábado no caso de ser necesario se completaría con persoal doutros talleres e a xornada do domingo a completarían con persoal do M3/M4 da quenda de noite.

Todas estas modificacións a Dirección as pretende impoñer sen negocialas coa Representación Social. Sen deixar constancia escrita de cal vai ser a consideración para esta que xa podemos definir como a “5ª Quenda”, complementos, pluses, vacacións, xornada anual, afectación da bolsa de horas, etc. Onte, a CUT entregou un escrito a Dirección solicitando que cumpra ca legalidade e constitúa unha mesa de negociación. Solicitude que entregamos tamén o Presidente do Comité e o resto das Seccións Sindicais con presenza no mesmo, agardamos o seu apoio.

Estas son parte das consecuencias de asinar un acordo da 4º Equipa a correr, deixando “todo” a interpretación da empresa. Agora as consecuencias as imos a padecer @s traballadores/as, non é a primeira vez que as presas por contentar a empresa traen consecuencias negativas para o colectivo.

Na nota da CUT do 13/12/17, xa advertiamos das consecuencias de asinar un acordo desa maneira.

           Esta moi ben escoitar e falar das necesidades da empresa, pero xa vai sendo hora de comezar a falar das necesidades d@s traballad@res. Non podemos seguir agardando ao ANO QUE VEN, porque tod@s sabemos o que pasa o ano que ven. As melloras económicas do Grupo e o aumento da capacidade produtiva do Centro deben reflexarse na nómina.

A CUT pide que a voluntariedade sexa o único factor para constituír esta equipa, e que se incentive economicamente esta voluntariedade, non se pode pagar a prezo de saldo o traballo en Fin de Semana. Que se contrate persoal especifico para estes traballos, ese era o argumento inicial da 4 equipa. Ou recuperen aos profesionais que foron levados a postos de produción.

   PRIMA VARIABLE

Esta PRIMA non compensa as perdas perdas acumuladas dende a redución salarial acordada no 2014 e ratificada no Convenio Colectivo no 2015.

DÍA NOITE
PERDA TOTAL ACUMULADA -1.931€ -5.950€
 (incluíndo as pagas destes anos incluso a Prima Variable que imos cobrar na nómina de marzo)

Se vende como positivo a modificación dos acordos da prima variable que permite ingresar algo máis de cartos por este concepto. Pero non podemos esquecer que esta “prima” penaliza a maternidade/paternidade, (aos que se lles paga proporcionalmente aos días de alta), aos eventuais, (que xeraron parte destes beneficios), a quenda de noite (non se calcula sobre o salario total), e aos que perciben complementos salariais (cabinas, etc).

E como non, os 145€ do Complemento de Xubilación que xa eran salario noso e foi “regalado” polos asinantes do acordo como anticipo da cantidade total da paga, polo que non e real o cobro dos 1400€ que algúns venden nas súas notas, nin o que a empresa tendenciosamente faille chegar aos medios de comunicación.

E aos que xeraron 5 días de adecuación a maiores, onde queda a parte proporcional xerada a maiores?.