O fascismo, a conto de Ermengol Gassiot

O fascismo, a conto de Ermengol Gassiot

79

Neste cada vez máis escandaloso Réxime Borbónico do 78, o esperpento tenebroso do fascismo segue camiñando sen inmutarse. Acaba de ser detido pola policía o dirixente sindical Ermengol Gassiot, á vez Secretario Xeral da CGT de Catalunya.

O “delito” atribuído ao sindicalista detido non é outro que o de participar nunha rolda de prensa hai cinco anos durante unha ocupación estudantil do Rectorado da Universidade de Barcelona. Para máis inri, sendo profesor do mentado centro académico.

Titiriteiros, cantantes de rap, os políticos cataláns, os mozos de Altsasua, a lista obxectivo dos inquisidores é interminable. Unha vez máis temos que dicir que a Lei Mordaza-Corcuera non é un enunciado decorativo senón que é unha verdadeira ferramenta a través da cal o fascismo vai tomando corpo e penetra nas nosas vidas para atallar a máis mínima actitude disidente.

Desde a CUT transmitimos a nosa firme solidariedade co compañeiro Ermengol Gassiot así como con todas e todos os que sofren a represión gobernativa, xudicial ou policial.