Xestión Dias Non Laborabeis Psa Vigo 2018

326

No día de onte e hoxe, a xerarquía do taller esta repartindo un escrito da Dirección da Empresa denominado: DOCUMENTO DE OPCIÓN SOBRE MECANISMOS DE GESTIÓN DE DÍAS NO LABORABLES – 2018.

Dito escrito, estase entregando aos traballadores/as que teñen un saldo negativo de bolsa de horas igual ou superior de entre -23 a -30, onde obrigan a escoller entre 2 opcións que coloquialmente podiamos describir da seguinte maneira: “pegarte un tiro no pé”, ou “pegarte un tiro na man”.

A empresa pretende que de entrada escollas entre ir a un ERTE consumindo días da túa prestación de desemprego coa opción 1ª, ou ampliar o teu saldo de bolsa de horas por enriba dos-30 días ata un máximo de -40 coa opción 2ª, a pesares de que aínda no Sistema 2 quedan 7 días de exceso de xornada sen consumir.

          Porque fai isto a empresa?. Porque o ERTE acaba a 31 de Marzo de 2018, e de consumir os/ traballadores/as os 7 días de adecuación de xornada que resta de entrada, no suposto de parar mais días ao longo do ano, calquera día ou hora de parada a maiores ao estar o ERTE finalizado, no momento de que a titulo individual calquera traballador/a consumidos os días de adecuación e bolsa chegará a -30 días no saldo negativo de bolsa de horas a empresa tería que pagar o salario ao/a traballador/a igualmente veña a traballar ou non en cumprimento do seu contrato.

Con esta xogada a empresa aforra cartos, e fai que o custe das futuras paradas recaia agora sobre as prestacións dos/as traballadores/as, así como no suposto de ampliar o saldo negativo, sobre o salario do traballador/a á final de ano. Para nós é ILEGAL e inmoral o pretendido.

          Porque pode facelo?. Pola sinatura da maioría do comité (SIT,UGT,CC.OO).

Para non ter que cumprir co contrato do/a traballador/a que supere os -30 días en saldo negativo de bolsa de horas, terían que solicitar a administración un novo ERTE, pero con que cara o farían despois de anunciar 900 contratacións. Seria socialmente inmoral facelo, aínda que seguro habería quen o asinara. Pero con este documento non precisa cumprir co noso contrato, outra cousa é que dubidamos da súa legalidade dende a CUT, igual co que xa sucedeu co de AXA.

O documento entregado con intencionalidade, tan tarde, xa que o acordo é de decembro 2017, ofrece escasos 2 días laborais para que o/a traballador/a escolla unha opción, senón por defecto aplican a opción 2. Estámonos encontrando a maiores traballadores/as de I.T, licenzas, paternidade, maternidade, etc., que non se lles esta avisando, e cando se incorporen van a encontrarse por defecto o saldo de bolsa de horas ampliado ata -40 días. IMPRESENTABLE o que pretenden, e porque non dicilo, coa conivencia dos asinantes.

A CUT opina que non debemos asinar o documento, que a empresa aplique o que considere, que neste caso será a opción 2 por defecto, pero non gozara do voso consentimento e sinatura. Veremos como establecen deste xeito a obrigatoriedade de recuperación, ou do posible desconto de salarios a final de ano.