A CUT convoca folga de 24 horas para o 8 de marzo

A CUT convoca folga de 24 horas para o 8 de marzo

449

A Secretaría das Mulleres da CUT rexistrou esta tarde, ante a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), un preaviso de folga de 24 horas para o vindeiro 8 de marzo, un rexistro co que arranca a convocatoria legal e formal dunha folga no noso país coa que se pretende recoller a demanda do movemento feminista, que reclamou do sindicalismo a cobertura precisa para efectuar un paro total, así como asumir como propias todas as reivindicacións das mulleres atravesadas por milleiros de violencias

Rexistro da convocatoria de folga na Consellería de Traballo

Hoxe martes 6 de febreiro, ás cinco da tarde, as secretarías das mulleres da CUT e do Sindicato Labrego (SLG), xunto o Sindicato Ferroviario Intersindical (SF), e co total apoio do Sindicato da Elevación (SE) de Galicia, rexistraron en conxunto o preaviso de folga laboral de 24 horas de duración convocada para o vindeiro 8 de marzo en Galiza. Os sindicatos entregaron estes preavisos ante a Consellería de Traballo da Xunta, en San Caetano, e a  Confederación de Empresarios de Galicia, tamén en
Compostela.

As centrais sindicais coinciden en recoller o desexo expresado polo movemento feminista de realizar una folga laboral que perdure toda a xornada do 8 de marzo que, ao mesmo tempo, estará acompañada dunha folga de coidados e de consumo.

recoller o desexo expresado polo movemento feminista de realizar una folga laboral que perdure toda a xornada do 8 de marzo que, ao mesmo tempo, estará acompañada dunha folga de coidados e de consumo

As violencias que atravesan ás mulleres polo mero feito de selo deixan as súas marcas en todos os ámbitos da vida, incluídos os propios corpos. Como sindicatos, sabemos que sen mulleres o traballo productivo e reproductivo colapsarían e, pese iso, sofren agresións nos seus centros de traballo que van desde a discriminación salarial ao acoso laboral e sexual.

As mulleres continúan a ser minoría nos altos postos de coordinación e responsabilidade malia representar a maioría das persoas licenciadas na universidade e educación superior. En sectores feminizados e precarizados como o da limpeza, as traballadoras sofren de enfermidades laborais apenas recoñecidas como o síndrome do túnel carpiano, lesións lumbares, alerxias e dermatite. A maiores, as traballadoras do fogar continúan sen ter o dereito recoñecido a cobrar o subsidio por desemprego aínda que diversas organizacións, e as traballadoras mesmas a través de recolectas de sinaturas, solicitasen ao Goberno español que ratificase o Convenio 189 da OIT.

as centrais sindicais convocantes chaman a tódalas traballadoras a secundar esta folga feminista xeral e legal de 24 horas en todos os sectores e centros de traballo de Galiza

A nula vontade da patronal e da Administración por eliminar estas violencias contra as mulleres é insultante. Por iso, as centrais sindicais convocantes chaman a tódalas traballadoras a secundar esta folga feminista xeral e legal de 24 horas en todos os sectores e centros de traballo de Galiza. Instan tamén a secundar as folgas de coidados, consumo e estudantil porque a violencia contra as mulleres se atopa nas triples xornadas que se ven abocadas a realizar, a taxa rosa en productos básicos ou a imposibilidade de estudar a xenealoxía das mulleres nas aulas de educación obrigatoria.

As razón para facer un chamamento á folga feminista deste 8 de marzo sobran para estas centrais sindicais que desexan xunto co movemento feminista que este paro de 24 horas faga entender a todos os poderes, privados e da Administración, que se as mulleres paran, para o mundo.