Petit Comite Psa Vigo 19 xaneiro

Petit Comite Psa Vigo 19 xaneiro

146

REUNIÓN PETIT COMITE

PROGRAMA MES DE FEBREIRO:

– Sistema 1, laborables todos os días e a maiores sábados 10,17,24 e 3 de Marzo de 8h, namentres en Ferraxe prevén que sexa de 9h pendente de confirmar.

– Domingos noite: 11,18,25 . A noite cun horario medio de 6h30´.

– Sistema 2 parada dous días 23 Febreiro e 2 de Marzo. sen sábados. A quenda B variable realizara unha media de 6h.

MOBILIDADES:

A mediados de Febreiro xa comezaran a pasar mais traballadores/as do Sistema 1 o Sistema 2, entorno a 50, e manterase ese numero nos vindeiros meses.

A empresa comunicou a súa intención de aplicar o acordo asinado en decembro ( FSI-UGT-CCOO) que lle permitiría, ao seu entender, aplicar primeiro os días de ERE antes de consumir os días de adecuación previstos en Calendario, aos traballadores que tivesen a bolsa de horas esgotada. A CUT volveu a rexeitar novamente esta intención da empresa ao entender que se esta a vulnerar o Acordo de Bolsa de Horas, o do ERE ERTE, e o espírito dos días de adecuación que non era outro que evitar medidas traumáticas. Como seria neste caso o consumo de días de paro.