Asime “tira das orellas” a Psa Vigo

Asime “tira das orellas” a Psa Vigo

Al respecto, Mallón señaló que"PSA debe apoyar a la industria gallega para que la carga de trabajo quede en Galicia".

200

Atlantico diario recolle a noticia: http://www.atlantico.net/articulo/economia/asime-pide-psa-apoye-industria-local-vez-importar/20180117235039627644.html

O sector da automoción, metal-mecánica e transporte aumentou en 2017 o número de traballadores nun 10% (18.630 empregos) e a facturación creceu un 23% con respecto a 2016, chegando aos 8.568 millóns de euros.
A cara máis negativa deste sector foi o capítulo das exportacións e importacións. As vendas ao exterior diminuíron un 10,8% mentres que as importacións creceron un 8%.
Enrique Mallón explicou que este último dato explícase por dous motivos. O primeiro, que ao incrementarse a actividade industrial faino tamén as importacións de bens. Pero o segundo, en menor medida, débese á presión de PSA ou os provedores de primeiro nivel para conseguir prezos máis competitivos. Respecto diso, Mallón sinalou que
“PSA debe apoiar á industria galega para que a carga de traballo quede en Galicia.
Todas as empresas do sector da automoción están en crecemento, destacou o secretario xeral de Asime, que puntualizou que -en xeral- malia os bos datos de facturación, os beneficios das empresas continúan sendo exiguos. Moitas das empresas empregan estes recursos en “asimilar” as consecuencias da  crise. “Algúns empresarios apoiaron cos seus bens a empresa para salvala”, destacou Mallón. Isto dificulta poder afrontar contratacions de alto nivel ou a realización de investimentos, polo que solicitou axuda de financiamento tanto da administración pública como de axentes privados, como fondos de investimento.

A CUT xa en 2014 cos recortes do K9 amosamos : A preocupación da CUT e crear unha mesa de Sector, onde este representados todos os organismos a nivel Galego do Sector do Automóbil, así como as diferentes administracións publicas, e representantes sociais, para buscar alternativas reais e de futuro os novos retos da planta de Vigo, e buscar medidas de competitividade alternativas aos recortes salariais.

En 2015 iniciamos unha campaña contra a “deslocalización da automoción na comarca de Vigo” E unha manifestación o 7 nov 2015.

Presentando diversas iniciativas diante do Concello de Vigo , Zona Franca, Alcaldes da Comarca de Vigo, Partidos politicos..

Patronal do Metal, benvida a loita..!!