2018: arrancamos con mobilización e formación

2018: arrancamos con mobilización e formación

174

Arranca un novo ano e enfrontámolo coma sempre con ilusión combativa. Neste 2018 continuaremos coa inxente tarefa de inverter a pirámide, de mudar a situación, de transformalo todo para construír unha sociedade máis xusta, con menos desigualdades.

As frontes de batalla son moitas e intentaremos estar en todas, superando o marco da nosa primeira trincheira natural como obreiras e obreiros, esas empresas e esas patronais que só procuran beneficio económico para uns poucos, se é preciso, esmagando a nosa saúde, a nosa familia, o noso proxecto de vida.

Temos xa unha primeira cita importante o vindeiro martes 9 de xaneiro; e é dobre.

Ás 10 da mañá concentrarémonos nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, para solidarizármonos coa compañeira Ana Viqueira, traballadora da CRTVG que ese día acode á xustiza para intentar reparar a grave vulneración de dereitos que sofreu por ter denunciado unha práctica de manipulación informativa.

Ás 10 da mañá concentrarémonos nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, para solidarizármonos coa compañeira Ana B. Costoia Viqueira, traballadora da CRTVG que ese día acode á xustiza para intentar reparar a grave vulneración de dereitos que sofreu por ter denunciado unha práctica de manipulación informativa.

Querían acalala, querían acalarnos, pero terán que nos escoitar. A loita de Ana é a loita de todos e todas. Porque queremos recuperar os medios públicos de comunicación do país e non imos tolerar represalias contra as que denuncian este secuestro informativo. Abonda xa.

Ese mesmo día, ás 16 horas, celebaremos tamén o primeiro Encontro Nacional de Delegados e Delegadas da CUT deste novo ano. A cita será no Matadoiro de Compostela e centraremos o esforzo desta xuntanza na formación, porque camiñamos xuntas, aprendemos xuntas e loitamos xuntas.

Ese mesmo día, ás 16 horas, celebaremos tamén o primeiro Encontro Nacional de Delegados e Delegadas da CUT deste novo ano. A cita será no Matadoiro de Compostela.

Temos todo un ano por diante para traballar, pelexar e, de seguro, celebrar novas victorias, grandes e pequenas, importantes todas. Haberá tempo tamén para aprender dalgunha previsible derrota que poida chegar.

Pero continuamos, xuntas, facendo medrar, consolidando e fortalecendo esta ferramenta poderosa que temos nas nosas propias mans. Utilicémola colectivamente porque é imprescindible para o cambio de sistema.

Feliz e victorioso 2018, compañeiros e compañeiras!