A CUT, no Encontro Solidario Internacional con Catalunya

A CUT, no Encontro Solidario Internacional con Catalunya

178

A CUT participou durante esta pasada fin de semana nos actos do Encontro solidario internacional con Catalunya. Durante as xornadas do sábado e domingo tiveron lugar diferentes mesas de traballo con contidos laborais, sociais, internacionais e políticos, nas que os diferentes colectivos participantes apuntamos visións variadas chegando a puntos de consenso válidos para todas as organizacións asistentes.

A CUT, unha vez máis, sen equidistancia algunha e sen dar leccións de nada, estivo ao lado dos compañeiros e compañeiras catalás apoiando o seu proceso de loita contra o sistema neofascista de 1978, porque a clase traballadora está contra a opresión e a represión que xeneran dende o Estado español.

Pouco hai que discutir, coa nosa clase ou contra dela.