Outro Cheque en Branco en PSA-Vigo

Outro Cheque en Branco en PSA-Vigo

109

No día de onte celebrouse a 3ª xuntanza de negociación para a creación da cuarta quenda de traballo no Centro. A empresa aproveitando coma sempre a circunstancia, anuncia novas medidas de flexibilidade, e de redución salarial.

A 4ª quenda non cobrara o complemento de fin de semana actual, nin de festividade, creando un novo complemento a empresa que absorbe os anteriores, con inferior contía. (vexase contra portada).

A maiores, amosou a súa intención de facer uso dos14 días do ERE-ERTE 16-18 non consumidos ata agora. “De ser necesarios” antes do remate da súa vixencia (31 de Marzo de 2018). Pretende que antes de consumir os “Dias de Adecuación” previstos no Calendario Laboral, 9 Días, facer uso dos días que cada traballador/a ten acumulados de paro mandando a xente ao ERE-ERTE ( sáelle gratis xa que ela non complementa nada na prestación deses días). A intención da empresa é modificar o recollido en dito acordo, así como na Bolsa de Horas e documentos anexos. ( Cando se quere si que se poden modificar os acordos asinados cos sindicatos, e os dos recortes salariais e sociais?)

A Proposta da empresa é para os primeiros meses do ano durante a vixencia do ERE “de ser necesarios” días de parada no Sistema 2, e ata que se industrialice o K9 nese sistema. Os/as traballadores/as actuais do Sistema 2 son os que teñen máis días en negativo na Bolsa de Horas e serán desprazados con posterioridade ao Sistema 1. Cando sexan desprazados ao Sistema 1 anuncia vai poñer en practica a variabilidade do Sistema 2 no 1, prevendo xa posibles paradas tamén neste Sistema cando desapareza o B9 a finais de Xuño. Abrindo a maiores a posibilidade de incrementar o saldo individual en negativo de Bolsa de Horas ata os (-40), no lugar dos -30 pactado no acordo, pero co compromiso expreso do/a traballador/a a recuperar eses 10 días nese ano natural, en calquera das quendas vixentes no Centro. (INAUDITO).

Vacacións: segue sen recoller ningunha proposta sindical, pero comenta que os/as traballadores/as non realicen previsións das vacacións aínda, xa que no lugar de comezar as 3 semanas de vacacións consecutivas como estaba previsto o 6 de Agosto, ó fariamos o 30 de Xullo.

Compensación dos sábados noite: Ata o de agora 8 Sábados de velada na quenda do día xeraba 1 día de descanso retribuído, e na noite por cada 10 Domingos. Agora a noite tamén lles computaran os Sábados noite nese contador. (Pretenderan dicir con isto o que xa intúe a CUT: que os Sábados noite veñen para quedarse?),

A CUT lle fixo durante a última reunión unha serie de peticións a empresa que están recollidas na nosa paxina web con mais profundidade: https://cutgaliza.org/citroen/.

Entre varias das realizadas figurane con un volume de 900 contratacións: se realicen novacións, eliminar cláusulas de variabilidade, crear compromiso nesta xuntanza de un numero determinado de contratación indefinida, petición que todos os sindicatos ratificaron. A empresa fai ouvidos xordos. Despois de expoñer  as súas necesidades, o seu único compromiso e “de falar” a mediados do vindeiro ano 2018 rematado o ERE actual. O vindeiro Martes 19 de decembro, pretende quen así o considere asine un “CHEQUE EN BRANCO AO PORTADOR”, sen mais compromisos que as súas reiteradas promesas inconcretas. (fagamos memoria o sucedido con Montaxe en meses anteriores. Estamos pendentes de que a empresa envíe o borrador do documento final. Veremos que redacción da as ideas expresadas por ela na reunión . E. Veremos tamén quen lle asina agora ese cheque en branco.

A sinatura deste acordo botara polo chan :Os sacrificios sociais i económicos feitos pola actual plantilla. Son estas novas medidas de recorte é flexibilidade a mellora que aportaría a fábrica bi-fluxo? Emprego de calidade? Melloras nas cargas de traballo? Un novo “acto de fe”? Estabilidade no emprego?


Os 50€ de complemento de fin de semana actuais, antes dos recortes do ano 14 tiñan unha contía mínima de 60,667€ dia/8h, para as categorías da 1 a 8. E de 66,100€ dia/8h categorías da 8 a 14. A nova proposta salarial da empresa pasa por RECORTAR sobre o que xa se recortou no ano 14.

As cantidades a cobrar son tan ridículas que se calculan sobre 10h de media sobre todos os conceptos, non sobre 8h que seria a xornada mínima que podería realizar este equipo. O calculo é sobre salario bruto, tendo que aplicarlle a maiores os descontos establecidos pola lei que pode oscilar entre un -16% – 20%.

A empresa crea intencionadamente unha necesidade salarial, e coma un xesto de boa vontade ábrelle a porta para que melloren o seu salario podendo traballar 3 días pola semana na quenda de noite para dar descansos, cubrir ausencias, licenzas, etc. E dicir, Sábado e Domingo traballaran no día ata un máximo de 13h de presenza na fabrica, e pola semana traballaran pola noite, pero sen cobrar o complemento de quenda variable de noite, que si cobra a quenda actual con valor superior o complemento de nocturnidade. Unha quenda que a nivel de conciliación, de necesidade alimenticia, e de sono, nunha semana pasara por todos os estados, por un salario de miseria.

Seguimos creando emprego de baixa calidade e salarios. A CUT solicitou que non se aplique a categoría de formación para os/as traballadores/as de novo ingreso, e que perciban dito complemento de quenda variable de noite a 4ª quenda no suposto de traballar durante a semana nesa quenda. Ningún traballador/a pode emprender un proxecto de vida con estes salarios de miseria.