Rotacións en Psa Vigo. A quen favorecen?

Rotacións en Psa Vigo. A quen favorecen?

142

Rotacións de postos Obrigatorias: Cambio imposto no sistema organizativo pola empresa, vulnerando o dereito do Comité a ser informado e consultado (Art. 64 do E.T.)

Ata datas recentes a rotación entre postos era voluntaria, agás aqueles postos designados polo Servizo de Saúde laboral coma penosos. Agora a Dirección de xeito unilateral impuxo a obrigatoriedade nas rotacións a criterio da xerarquía do taller.  

NON compartimos ó: “Ordeno y mando”, co que a Dirección aplicou esta nova medida, co silencio e ca complicidade de parte do Comité.

A CUT xa denunciou na Inspección de Traballo ese incumprimento do Estatuto d@s Traballadores/as. E paralelamente solicitou que na vindeira xuntanza entre Empresa e Sindicatos figure este tema na orde do día.

A empresa ten a obriga de acordar mediante a negociación c@s traballadores/as as condicións das rotacións, e que estas non sexan un mero capricho do taller na busca de cubrir os postos coa desculpa da mellora para o traballador/a.

As rotacións se realizan entre postos de similar carga física ou postural, a criterio do taller que atenden antes á produción que as necesidades das persoas.

Ao noso entender que é compartido polos que sofren as rotacións, debe existir un criterio claro; entre as rotacións obrigadas pola penosidade do posto, e as rotacións obrigadas para satisfacer as necesidades do taller.

Sen esquecernos de que ata fai uns anos a polivalencia funcional era retribuída. @s traballadores/as que realizaban varios postos percibían un plus salarial.

Para a CUT, é imprescindible antes de poñer en marcha este novo sistema organizativo:

  • Información e consulta ao Comité de Empresa e o de Seguridade e Saúde.
  • Mapa detallado dos postos de cada taller coa clasificación da dificultade ergonómica e carga mental.
  • Calendario e horario das rotacións.
  • Incentivo económico pola polivalencia