Manifesto conxunto asembleas 8 xuño

Manifesto conxunto asembleas 8 xuño

Nas asembleas de M1 da xornada de hoxe léese este manifesto, consensuado polos tres sindicatos.

176

COMUNICADO CONXUNTO MONTAXE

 EN NOME DAS CENTRAIS SINDICAIS DA C.I.G., CUT e CC.OO., HOXE APESARES DAS DIFERENCIAS EXISTENTES PUTUALMENTE NO TEMPO AQUÍ ESTAMOS UNIDAS CUNHA SOA VOZ E BAIXO UN OBXECTIVO COMUN. AS CONDICIÓNS LABORAIS E A DIGNIDADE DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DA M-1

 UN PASO QUE DENDE OS TRES SINDICATOS NON TIVEMOS NINGUNHA DÚBIDA EN DAR TENDO EN CONTA QUE HAI LIÑAS VERMELLAS QUE NON IMOS  CONSENTIR QUE SE CRUCEN.

 DURANTE ANOS OS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS QUE DESEMPEÑAMOS O NOSO TRABALLO NAS CADEAS DE MONTAXE PADECEMOS NAS NOSAS PROPIAS CARNES COMO A AVARICIA IRRACIONAL E ILIMITADA DA DIRECCIÓN DA EMPRESA LEVA EMPEORANDO PAULATINAMENTE AS NOSAS CONDICIÓNS.

 QUEREMOS DEIXAR CLARO QUE A ESTE ACTO FORON CONVIDADAS TÓDOLAS SECCIÓNS SINDICAIS DE CLASE. LAMENTABLEMENTE UNHA DELAS DECLINOU A SÚA PARTICIPACIÓN. NON  FOI POSIBLE ACADAR A UNIÓN CONXUNTA DOS SINDICATOS DE CLASE QUIZAIS PARA ALGÚNS A SITUACIÓN Á QUE NOS ENFRONTAMOS OS TRABALLADORES/AS DE MONTAXE NON SEXA O SUFICIENTEMENTE GRAVE COMO PARA DAR O PASO ADIANTE EN SITUACIÓNS QUE NOS AFECTAN A TODOS E A TODAS.

 UNHA DECISIÓN QUE ESPERAMOS RECONSIDEREN, XA QUE DENDE ESTA PARTE AS PORTAS SEMPRE PERMANECERAN ABERTAS.

 A DIRECCIÓN DA EMPRESA FOI MAIS ALÁ E PRETENDE IMPOÑER SEN ACORDO COA REPRESENTACIÓN SOCIAL E CO SILENCIO COMPLICE DA MAIORÍA DO COMITÉ DE EMPRESA O INCREMENTO DE CADENCIA DE 1 VEHÍCULO HORA SOBRE A INSOSTIBLE SITUACIÓN QUE ESTAMOS A PADECER  NA M-1. UN INCREMENTO SEN AS MEDIDAS BÁSICAS E NECESARIAS PARA QUEN XORNADA TRAS XORNADA DESEMPEÑAMOS ESES POSTOS DE TRABALLO.

 COMPAÑEIROS/AS CC.OO. C.I.G. e CUT DICIMOS NON A ESTA ACTITUDE DA DIRECCIÓN PARA COS TRABALLADORES/AS,

.- BASTA XA DE ASUMIR GRATUITAMENTE E CO NOSO ESFORZO AS NECESIDADES DA EMPRESA.

 .- NIN UNHA SOA DECISIÓN MAIS PODE PROVOCAR UN DETERIORO TAN RAPIDO NA NOSA SAÚDE

 .- NON PODEMOS TOLERAR POR MAIS TEMPO QUE AS NOSAS CONDICIÓNS LABORAIS CONDICIONEN SEVERAMENTE AS NOSAS VIDAS PERSOAIS.

 .- NON IMOS PERMITIR NIN COACCIÓNS NIN PRESIÓNS DE NINGUN TIPO A NINGUN TABALLADOR/A. SE QUEREN COCHES GRATIS AI ESTAN OS POSTOS QUE SE POÑAN MANS A OBRA.

 .- BASTA XA DE CADEAS CHEAS DE PERSOAS QUE PADECEN A DOR COMO SI FORA ALGO NORMAL E SUFREN EN SILENCIO AS CONSECUENCIAS QUE ELO LLE ESTA A PROVOCAR.

 .- SOMOS PERSOAS QUE TRABALLAMOS PARA VIVIR E NON VIVIMOS PARA TRABALLAR.

 COMO XA COÑECEDES REPARTIMOS UNHA ENQUISA SOBRE A PROBLEMÁTICA QUE AQUÍ SE NOS PLANTEXA. ENQUISA QUE VOS CONVIDAMOS A CUBRIR LIBREMENTE DANDONOS A VOSA OPINIÓN E QUE RECOLLEREMOS AO REMATE DESTA ASEMBLEA.

VOS SODES OS PROTAGONISTAS. NOS AQUÍ ESTAMOS PARA AFRONTAR ESTA LOITA OBREIRA DEMOSTRÁNDOLLE A DIRECCIÓN QUE NON TODO VALE.

 ESTA ENQUISA SERÁ O PULSÓMETRO PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN A VOSA OPINIÓN E MARCARÁ A LIÑA A SEGUIR.

SE ASÍ O CONSIDERADES COMO PRIMEIRA MEDIDA A C.I.G., CUT e CC.OO. PROCEDEREMOS A TRASLADAR A DIRECCIÓN AS SEGUINTES PROPOSTAS:

 .- PARALIZAR A POSTA EN MARCHA DA MEDIDA ATA QUE OS DELEGADOS DE PREVENCIÓN CONSIDEREN E ACORDEN NUN INFORME AS MEDIDAS PREVENTIVAS CORRECTAS A LEVAR A CABO NOS POSTOS DE TRABALLO TENDO EN CONTA A ACTIVIDADE QUE SE REQUIRE.

 .- CREACIÓN DUN POSTO DE TRABALLO POR UEP COMO MÍNIMO.

 .- COMPROMISO DE CARA A MANTER TÓDOLOS POSTOS CREADOS DURANTE O TEMPO QUE PERMANEZA ESTA NOVA CADENCIA.

 .- REDUCIÓN NAS CARGAS DE TRABALLO RESPETANDO QUE NINGUN REPARTO TERÁ COCHES QUE SUPEREN O TEMPO CICLO DOS REPARTOS.

 .- INCREMENTAR OS DESCANSOS.

 .- HORARIO COMPLETO DE 8 HORAS NA QUENDA DE NOITE NAMENTRES DURE A NOVA CADENCIA.

 COMPAÑEIROS/AS HOXE COMEZAMOS UN CAMIÑO QUE PODE RESULTAR LONGO, QUE SEGURAMENTE NON LLE FALTARÁ QUEN LLE POÑA PEDRAS PARA PROVOCAR O DESÁNIMO. PERO SEREDES VOS QUENES MARCAREDES O PASO.

 HAI QUE SER FORTES. NON ESTADES SOLOS. FAISE PRECISO QUE ESTA UNIDADE SIGA ATA ACADAR O SEU OBXECTIVO. QUE A DIRECCIÓN SE SENTE A ESCOITAR AS NECESIDADES DOS TRABALLADORES/AS. A NOSA INTENCIÓN E ACADALO POLAS BOAS PERO TAMPOUCO LLE TEMOS MEDO A FACELO POLAS MALAS. MONTAXE MERECE O RESPECTO DA DIRECCIÓN E TEMOS QUE CONSEGUILO. SI OU SI.