REUNION PETIT COMITÉ 4 DE MAIO 2017

REUNION PETIT COMITÉ 4 DE MAIO 2017

154

O Xoves día 4 de Maio a Dirección nos convocou a un Comité reducido, para explicarnos como elaboran o calculo para as retencións da nómina, ante o malestar polos descontos realizados os traballadores/as que rescataron o plan de xubilación. Están moi preocupados porque se esta a dar unha mala imaxe da empresa, din que eles non se quedan cos cartos.

Nin eles nin AXA, simplemente os cartos dos traballadores que marcharon con anterioridade desta fábrica e non os puideron rescatar, se evaporaron. E da quita de 712€ levada a cabo pola Empresa, di a Dirección non saber nada. A dirección solicita, palabras textuais, “un acto de fe” os traballadores/as e aos seus representantes

A CUT solicitou tanto a AXA, coma a Empresa copia da póliza. A empresa non proporciona copia da póliza, porque di que non aporta nada aos donos dos cartos (os traballadores/as), xa que é un documento moi técnico de 60 páxinas. E AXA que falemos coa Empresa.

En definitiva: seguen sen entregar copia da póliza do seguro, seguen sen clarificar que pasa cos cartos dos traballadores/as que por ERE o por despido non poden reclamar os cartos; e, o principal, seguen sen explicar porque nos descontan 712€ dos nosos cartos.

Señores e señora da dirección, a CUT non lle chega, estamos falando dos cartos dos/as traballadores/as, cartos do seu salario, non son cartos da dirección.

De non mudar a actitude da empresa este tema vai rematar nos xulgados.

ASUNTOS VARIOS:

O mellor sempre o garda a Dirección para o apartado de “Varios”, onde mostrando unha vez mais a súa total e absoluta incapacidade negociadora, así coma a súa nula preocupación no terreo social, e aproveitando esa maioría que a abala, pasa de novo o rodillo para reducir dereitos.

Supresión de dúas liñas de Vitrasa: Supostamente por baixa afluencia, que levarase a acabo dende o mes de Xuño, pasando das actuais 4 a 2.

A CUT, solicitou que se abra un debate na busca de solucións consensuadas coa parte social, e non impostas pola Dirección. Un debate no que se analicen as causas da falla de usuarios/as e as posibles solucións, solucións coma as propostas pola CUT na reunión: que se subvencione economicamente o seu uso e se busquen percorridos máis útiles.

Nese debate tamén deberiamos analizar ata que punto a flexibilidade horaria que padecemos os traballadores/as esta detrás desa falla de viaxeiros/as.

A empresa debera estar interesada en potenciar o transporte publico e non en desmantelalo. Se non o fai para facilitarlle a vida os traballadores/as, si tería que facelo dende un punto de vista egoísta. A mesma que se queixa do absentismo e que asina cos sindicatos, con algúns, os 5 compromisos de seguridade anuais, entre os cales sempre figura:

“Soy prudente en mi desplazamientos al ir o volver del trabajo”

sabe que, un porcentaxe moi alto do absentismo ven precisamente de accidentes in-itinere en vehículos particulares.

No fondo de esta modificación  esta en aforrar custes, xa que Vitrasa pon o servizo a cambio de garantir un numero determinado de usuarios, de non chegar o mesmo, PSA, debe aportar a diferenza en cartos. Quen elimina as rutas non é Vitrasa, é a Dirección. A empresa da outro paso cara a supresión do transporte colectivo.

Supresión do Acceso Peonil de Pereiro: Dende o día 7 ás 6 da mañá, unha nova medida social imposta para aforrar custes, que afectara segundo ela a 400 usuarios/as traballadores/as de PSA e das contratas.

A dirección di, que entramos por Pereiro por vicio, por costume, que total  van ser 300 metros máis que teran que camiñar os que empregan dita portaría.

Como se nota que eles aparcan dentro. Algúns ata collen o coche para ir as reunións a montaxe, ou para vir ata casablanca.

ATA CANDO PERMITIREMOS @S TRABALLADORES/AS QUE A GOMA SIGA ESTIRANDO?