38

17 DE MAIO
CARLOS CASARES

“Diversos estudos sinalan que falar dous idiomas ten efectos beneficiosos para o cerebro ” La Vanguardia 19/03/2012
Carlos Casares naceu no 1941 en Ourense e dende os 3 anos pasou a súa infancia en Xinzo da Limia. A súa vocación literaria comezou na adolescencia, cando gañou un premio que lle permitiu coñecer a Vicente Risco. Xa na etapa universitaria, na que se especializou en Filoloxía Románica en Compostela, entrou en contacto co núcleo da cultura galega Antifranquista mentres continuaba a cultivar o seu perfil literario. Nos anos da transición e do comezo da democracia , participou activamente na reivindicación autonómica e coma parlamentario independente nas listas do PSdeG-PSOE traballou arreo para sacar adiante a Lei de Normalización lingüística(1983).
O noso narrador, ensaísta, articulista de prensa , editor e dinamizador cultural foi director da editorial Galaxia (1986-2002)e da revista Grial (1988-2002) tamén seria presidente do consello da Cultura Galega (1996-2002).
No 1967 publicou a súa primeira obra, o libro de relatos Vento Ferido, pouco despois converteuse nun pioneiro da literatura infantil en galego. No 1968 publica a Galiña Azul e no 1975 Xoguetes para un Tempo Prohibido, máis adiante publicaría obras que estiveron moi ben acollidas polo público Os escuros soños de Clio (1979) Os Mortos daquel Verán(1987) son algunhas das súas obras.
Finou no 2002 en Vigo.
Dende a CUT-PSA en Vigo ESIXIMOS, un ano máis, a dirección da empresa que adapte os talleres a realidade da fábrica e do país no que en termos lingüísticos se refire. ESIXIMOS, un ano máis que adapte as notas internas, cartelaría e demais medios de comunicación internos ao NOSO idioma. Dende a CUT-PSA en Vigo ESIXIMOS, un ano máis, a esta dirección QUE RESPETE a @s centos de compañeir@s que utilizan, viven e TRABALLAN en GALEGO incluíndo o mesmo na nosa vida laboral dunha vez por TODAS!!Por último dende a CUT-PSA en Vigo ANIMAMOS, como non, a tod@s @s compañeir@s a utilizar o idioma en todos os ámbitos da súa vida, que se apropien del, como ben común e cultural que temos a sorte de ter…
“SE AINDA SOMOS GALEGAS SE AINDA SOMOS GALEGOS E POR OBRA E GRAZA DO IDIOMA”
A.D.R CASTELAO