Manifestación 28 abril

96

Hoxe como estaba previsto levouse adiante una concentración na porta de PSA Vigo, as 12.30. Convocada pola CUT ( Central Unitaria dos Traballadores) e a maioría do Comité de empresa de CLECE en PSA Vigo ( subcontrata da limpeza).

As 12.45  manifestación  ata rotonda da avda de Castrelos e volta as  portas de PSA Vigo concentrados ata as 14.30( entradas e saídas das quendas do día).

Con este acto os dous colectivos quixemos reivindicar e darlle visivilidade  as condicións de traballo e como afectan a saúde dos traballadores/as. O alto índice de enfermidades músculo esqueléticas e psicolóxicas que son derivadas a seguridade social. Facéndose cargo o sistema público da curación, coa complicidade da administración. Enfermidades que deberan ser consideradas profesionais e das cales seria a Mutua quen debera facerse cargo delas. Incidiuse tamén nos recortes na Limpeza: a redución de efectivos da periodicidade e mantementos das instalacións, algunhas das cales presentan un moi deficiente estado de salubridade. A Limpeza e saúde e esta non debe ser considerada por PSA Vigo como un gasto senón como unha inversión.