Saldos de bolsa de horas?

Saldos de bolsa de horas?

ESCRITO REMITIDO A DIRECCIÓN DA EMPRESA O PASADO DIA 12 DE XANEIRO

115

Asunto:  Información Saldos Bolsa de Horas

  • No artigo 16 “XORNADA LABORAL” do Convenio Colectivo en vigor, se di: “Así mismo se establece el cómputo plurianual de la jornada, denominado “Bolsa de horas”, cuyo desarrollo se recoge en documento al efecto.”
  • No punto 2.4. do Acordo de Bolsa de Horas en vigor no Centro de Vigo (documento al efecto), asinado no 2013, se di: Al final del año se pondrá en conocimiento del Comité de Empresa el estado general de la Bolsa y, a cada trabajador/a, su situación individual respecto a las horas de las que es acreedor o deudor”.
  • Estamos xa no mes de xaneiro de 2017,día 12, e nin os traballadores/as nin o Comité foi informado, tal e como recolle o acordo antes citado, do estado da Bolsa.
  • No punto 5.9.a do referido Acordo de Bolsa de Horas, se di: “No obstante lo anterior, la prestación de actividad en Sabado por los trabajadores/as cuyo saldo individual de Bolsa plurianual exceda de 10 días en negativo, tendra caracter obligatorio...”. 
  • O feito de que os/as traballadores/as non sexan coñecedores do seu saldo individual actualizado, implica, o noso xuízo, unha indefensión e un abuso empresarial contra os que sexan “deudores” de mais de dez días.
  • Xa que no mes de xaneiro os sábados 14, 21 e 28 van ser laborais, con carácter de xornada extraordinaria, e polo tanto voluntario, agás para, ditos traballadores/as “deudores” que en base o acordo antes referenciado están obrigados a traballar esa sexta xornada.
  • No ano 2016, a dirección da Empresa fixo caso omiso das súa obrigas neste tema

 SOLICITAMOS:

  1. Que se cumpra cos compromisos adquiridos e asinados entre a Dirección da Empresa e a Representación Social.
  2. Que namentres non se informe aos traballadores/as do seu saldo real e actualizado , os sábados non teñan carácter de obrigatorios.