” Os primos” da Variable

70
UGT respaldada por CCOO propuxeron que a nova paga se lle aplicase so aos asinantes, excluindo ao resto. A CUT apoiaria esta proposta sempre e cando ” OS RECORTES” do ano 14 se lle aplicasen tamen so aos asinantes.

No día de hoxe, tal e como estaba previsto, foi subscrito o novo acordo de prima variable, asinado pola maioría das seccións sindicais que forman parte do comité, (SIT, UGT, CC.OO).

A Sección Sindical da CUT reunida en asemblea de afiliados/as, por “UNANIMIDADE”, decidimos non darlle o visto bo a este acordo, polos motivos que xa foron expostos publicamente.

Non compartimos que a Dirección queira cobrar comisión sobre o que aporte o grupo a cada traballador/a, polos beneficios obtidos. En Francia segundo nos consta, non lle van a cobrar esa “peaxe”, e veremos que sucede en Madrid. Calquera día, do desconto que o grupo aplica @s traballadores/as cando mercan un vehículo, quererán tamén cobrarnos.

No global representa un incremento na paga, pero non en igualdade de condicións que os resto dos centros e traballadores/as do grupo. Haber cando @s traballadores/as de Vigo perdemos os complexos, e deixamos de aceptar migallas, para loitar polo que nos pertence. Non esquezamos que somos os que mais aportamos os resultados financeiros do grupo.

Grazas o desconto dos 144 € do noso complemento individual, da desaparición do complemento de xubilación e da Prima de sustitución, a Dirección consigue mais dun millón de euros o ano. Para que iran destinados ditos cartos?, igual para subvencionar os despedimentos do ERE, ou meter mais robots colaboradores para eliminar postos de traballo, ou para repartir entre os directivos de Vigo.

Para rematar nesta ultima xuntanza, nunca deixaran de sorprendernos: UGT fixo unha ultima consideración, que foi rapidamente apoiada por CC.OO, ó respecto de que este novo acordo, puidera ser de adscrición voluntaria, para quer os “díscolos”, non se nos aplicara o mesmo. Dende a CUT estariamos dispostas a apoiar esta proposta, de non aplicación do acordado os non asinantes, sempre e cando sexa extensible a tódolos recortes e perda de dereitos que a GRAN COALICIÓN asina.

Os asinantes xa conseguiron que os sábados obrigatorios non lles afecten os Secretarios Xerais das Seccións Sindicais, ou sexa a eles mesmos, igual tamén acadan que os recortes non afecten os que non os respaldamos coa nosa sinatura. Se os asinantes conseguiron subir de nivel en apenas seis meses trala sinatura do anterior convenio, que non poderán acadar.