Sementar, sementarei..

46

Algo debemos estar a facer ben cando o sindicato da empresa nos adica unha folla monográfica.

http://www.sit-fsi.es/330-sembrar-los-campos-con-sal

Todos e todas somos testemuñas vivas de aonde nos leva o seu tipo de sindicalismo.

Sementar sementarei,

loguiño de crarear,

en tanto no povo medre un meniño,

un vello e un cantar.

Un meniño rebuldeiro que fale na lingoa nai que suba nos pexegueiros a fruta verde a roubar. Un vello que de consellos un rostro de fume e pan que conte contos ós nenos do cuco e do paspallás. Un cantar de redención que toque a desolación nun limpo e craro alborear. Logo, deixáime morrer, entre dous regos, queimado, cando veñan os solpores dos homes esfamiados.