Petit comite 19 maio

Petit comite 19 maio

29

PRODUCIÓN MES DE XUÑO:

SISTEMA 1
  • 4 sábados (4, 11, 18 e 2 de xullo)
  • 3 domingos (5, 12 e 3 de xullo)
SISTEMA 2
  • Nin sábados nin domingos

Horarios Previstos Montaxe

SISTEMA 1 Quenda Noite: de luns a venres 7 horas e 54 min, domingos 8 horas
SISTEMA 2 De maña de 7:15 a 14:00

De tarde de 14:00 a 20:42

aprox 6:45

Horarios Previstos Ferraxe

SISTEMA 1 Quenda Noite: de luns a venres 7 horas e 20 min, domingos variable según necesidades

M3-M4: 8 horas e 14 minutos

SISTEMA 2 De maña de 7:58 a 14:00

De tarde de 14:00 a 20:00

aprox 6 horas

VARIOS:

A Dirección comunica a súa intención de por en marcha o ERE, unha vez que non ten comunicación dos xulgados de demanda en contra.

————————————————————————————–

A respecto do ERE-ERTE a CUT xa informou no seu día que o 15 de abril interpuxo demanda no xulgado. Os tempos dos procesos xudiciais os marcan os xulgados e non a CUT.

21 de Maio, Día Mundial de Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenrolo, con tal motivo Psa Groupe Vigo, celebra a semana da diversidade “gastronómica” no comedor. Non o entenden, e non o practican. O que recomenda a UNESCO:

  • Concienciar sobre a importancia do diálogo intercultural, a diversidade e a inclusión.
  • Lograr que todas as persoas comprometámonos e apoiemos a diversidade mediante xestos reais no noso día a día.
  • Combater a polarización e os estereotipos para mellorar o entendemento e a cooperación entre as xentes de diferentes culturas.

( O idioma tamén forma parte da diversidade: Queremos Galego!)