Reunión comité – empresa

Reunión comité – empresa

32

A CUT durante a xuntanza interveu en varias partes da mesma preguntando por diversos temas:

– Aparcamento de bicicletas no novo aparcadorio? RD: que ainda o estan vendo..

– A Reducción de -700€ no prezo de fabricación do vehículo prevista no Push to Pass e a redución dun 20% en estructuras, vai afectar a vigo? Rd: .. xa se vera, cada fábrica ten un marxe e directrices distintas dentro do grupo..

– A empresa non informou das enfermidades profesionais, nin das contrtacións, nin das horas complementarias, horas extras..etc

– No último trimestre do ano 15 non se convocou ao comité para cumprir co artg 64 do E.T e dar esta información actualizada en esas datas ..

– Alares, a CUT non comparte o novo criterio da empresa, nin o copago. Durante a negociación do convenio no tema do seguro privado a empresa asegurou que o Alares seguiría tal como estaba. Agora vemos que non vai ser así e se vai penalizar o seu uso, o incremento do absentismo e do uso de alares , terá que ver que cada vez somos menos a fabricar?

– Renting, prezos de vehiculos novos, outro dos logros do convenio, preguntamos como estaba a implantación ? RD: Se están integrando, de momento xa se pode facer un seguro medico privado , pagando.

Canto incrementou a dirección de vigo os seus salarios?

– Contratas, en datas anteriores a CUT xa dirixiu un escrito de protesta a dirección polo trato que estaban a recibir os traballadores das contratas que están a ser substituídas por outras. Reclamándolle a empresa a responsabilidade social que ten con estes traballadores que en moitos casos levan moitos anos dentro das instalacións de PSA. Algúns deles sen saber si co cambio de empresa ían ter traballo ao dia seguinte. E que psa se preocupase de que se lle ofertase eses postos de traballo primeiro aos afectados, que en moitos casos ían ver extinguidos os seus contratos. RD: a responsabilidade non é de Psa senón das contratas, estamos nunha economía de mercado..

Con esta resposta queda claro que Psa se desentende das persoas que tamén contribuíron dende as contratas a que os resultados Psa mellorasen.

– Excedencia de verano: preguntamos como se vai computar a xeración de bolsa de horas, xa que o noso entender os que se acollan  a excedencia nunca van xerar bolsa en positivo e si poden xerala en negativo. O que penalizara a quen se acolla . Cal vai a ser a xornada anual a efectos de computar o exceso como días positivos para a bolsa?. RD: O que se acolla xa sabe a que se acolle… e non consideran unha penalización que non xeneren bolsa.

informacion comite 20160414