A CUT denuncia o ERE de Citroën

A CUT denuncia o ERE de Citroën

20

CUT acaba de denunciar o ERE plantexado por Citroënaceptado pola meirande parte dos sindicatos da factoría. Pedimos a súa impugnación entendendo que inclúe “excedencias fraudulentas”, claramente “subvencionadas con cartos públicos”.

Ao entender da nosa asesoría xurídica o expediente inclúe un tipo de excedencia na que un traballador “pode marchar ao paro durante 24 meses e aos 30 volver a solicitar o reingreso”. Este feito supón un claro “uso fraudulento das prestacións de desemprego” que implica na práctica a posta en marcha de excedencias “subvencionadas con cartos públicos”.

A empresa pretenden utilizar estas excedencias para desprenderse definitivamente de traballadores. “Intentar poñer un caramelo para que a xente se acolla”, para despois propoñerlles reincorporarse en postos diferentes aos que tiñan, que poderían incluso supoñer ser “recolocados noutro centro en Francia”.

A empresa creou unha comisión de seguimento que só inclúe aos sindicatos asinantes (SIT-FSI, UXT e CCOO), deixando fóra aos que “non cederon ao seu chantaxe” (A CIG e a propia CUT). Entendemos que esta medida “vulnera o dereito á negociación colectiva”, xa que nos deixa na práctica fora do desenvolvemento do ERE.

Presentamos a denuncia nos xulgados este venres, aínda que previamente xa presentaramos unha reclamación ante a inspección de traballo. Sendo un sindicato pequeno e con recursos limitados, o estudo concienciudo dos pormenores do ERE non permitiu a súa presentación antes desta data.

Agora ábrese un proceso que non paraliza o ERE, que xa foi aprobado formalmente pola meirande parte dos sindicatos na mesa de negociación.

 

A empresa podería comezar a extinguir os postos de traballo do ERE, pero  parece que decidiu esperar a que se aclare a situación.