13 de abril. Un folga estudantil necesaria

46

As organizacións estudantís do país convocan para mañá, 13 de abril, unha folga que se resolve necesaria. No centro da polémica están a mercantilización progresiva do ensino e o decreto do 3+2, como eixos do programa do Partido Popular de destrución do ensino público. Estes días o movemento estudantil mobilízase de novo e diferentes entidades como Erguer, Estudantes da Galiza ou as Asembleas de Base chaman a este paro.
Dende a CUT manifestamos o noso rexeitamente profundo ao plano de mercantilización do ensino despregado polo goberno central, ao mandado das institucións europeas. Expresamos a nosa solidariedade máis profunda co estudantado en loita, conscientes de que o camiño da transformación pasa pola unidade popular, por un tecido forte de alianzas entre a clase obreira e o estudantado onda outros sectores, e a articulación de todas as loitas baixo unha soa voz: a do pobo traballador.