2ª Reunión Ere Erte 2015

2ª Reunión Ere Erte 2015

21
  • Seguen sen dar as contas!!!. Os maiores de 58 anos son 216,….. ata  400?
  • Quen se cree que vai a existir a “voluntariedade”  ata completar?.
  • Candidatos que figuramos no ERE?. A totalidade dos/as traballadores/as da fabrica, salvo eventuais e xubilados parciais.

 

        Pirámide idades a 31/12/2015 contratos CDI
Idades <50 50-53 54-57 58-61 62-65
Cadros 122 42 20 13 2
Mensuais 631 56 53 28 2
Horarios 3768 85 44 136 35
TOTAL 4521 183 117 177 39
           Indemnizacións ERE
59 anos 3 S. Bruto
60 anos 2.5 S. Bruto
61 anos 2 S. Bruto
62 anos 1 S. Bruto
63 anos 0.66 S. Bruto
64 anos 0.55 S. Bruto

Adicionalmente abren a posibilidade de acollerse a este ERE Extintivo a calquera traballador/a da fábrica con independencia do grupo ou categoría, é dirixido “preferentemente” a menores de 50 anos, baixo dúas modalidades:

 

Extinción de Contrato con mobilidade profesional.

  • Indemnización:1 anualidade de S.B por cada 11 anos de antigüidade cun tope de 2.5 S.B

Extinción de contrato con dereito preferente de reingreso aos 30 meses. Indemnización: 1 anualidade de S.B, e no suposto de querer reingresar na fabrica debe de preavisar con 3 meses da antelación.

  • Neste ultimo caso, a Empresa non aclara se respectarían o contrato vixente con anterioridade a baixa na fabrica, nin a categoría profesional, non recollendo por escrito os condicionantes desta formula. Igual saes da fabrica cunha antigüidade de 20 anos,…