Ás obreiras e aos obreiros tócanos ano a ano a dura e triste tarefa de sobrepoñernos para recibir con enerxía e militancia transformadora o novo ano, mentres despedimos ás nosas compañeiras e compañeiros de clase que sucumbiron ao terror patronal. Este ano en Galiza, 53 traballadoras e traballadores mortos, en máis de 25 mil accidentes laborais.
Con estes datos provisionais do outono deste ano, posto que non están fechados os do último trimeste, e con máis de 400 traballadoras e traballadores mortas en todo o Estado, o máis duro desta despedida é que tales mortes viñeron a ser maquilladas en cifras, en titulares ambigüos, e na máis brutal impunidade para os responsables. Foron quedando atrás, sen rostros e sen nomes. Se voces.
A procura patronal de lucro está por riba das nosas vidas. A sinistralidade laboral non é inevitable, ten responsables, ten causas, e pódese frear. Non se nos ocorren mellores palabras que, malia as distancias, a vella carta do preso anarquista Pablo Serrano para dicirlles adeus. Datada en 1988 pero tan condenadamente actual:
” …atás do voso sangue están os uniformados de verde ou marrón, de negro ou de calquera cor… Atrás do voso sangue están os Termes, os Botín, os Cuevas, Felipes, Solchagas ou Nicolás… Atrás do voso sangue está toda a canalla da promesa electoral… (…) A vosa voz pide xustiza e sinala á Banca, á patronal e ao Goberno, policía, militares, Igrexa e clero… o pobo non esquece e cando se organiza e loita, o mañá revolucionario está cada vez máis preto (…)”