Xuntanza CUT-CIG

Xuntanza CUT-CIG

25

O pasado xoves 29/10, celebrouse unha xuntanza entre as dúas organizacións co tema do convenio colectivo como punto a tratar.

As coincidencias son numerosas na defensa dun convenio xusto, que premie os esforzos realizados pola plantilla nos últimos anos.

Sen chegar a concretar unha plataforma común , cada organización vai afrontala negociación dende a súa  perspectiva sindical, quedando ABERTA A POSIBILIDADE DE FACER FRONTE COMÚN nos temas coincidentes propostos por calquera das partes.

A necesidade dunha unión sindical quedou reflectida na mesa.

 PARA A CUT E A  C.I.G.,A UNIDADE SINDICAL NON É UNHA OBRIGA É UNHA NECESIDADE.