CUT en Copo Ibérica denuncia actitude irresponsable de CIG e empresa

CUT en Copo Ibérica denuncia actitude irresponsable de CIG e empresa

52

COMPROMISO E RESPONSABILIDADE. Comunicado da Sección Sindical da CUT en Copo Ibérica.
Unha vez máis como ven sendo habitual nos últimos anos en Copo Ibérica estamos a vivir un novo ataque ás traballadoras, as traballadoras con contrato indefinido e maior ataque ás contratacións eventuais xa de por sí moi precarias. Desta vez tratase de un ataque aínda mais agresivo, chegando a censurar as propostas da CUT e inclumplindo a lexislación claramente, tomaremos medidas.Unha negociación é levada a cabo por dúas partes, algo que non sucedeu aquí, onde a Empresa non aceptou NINGUNHA das solicitudes da plataforma do Comité de Empresa. Entendemos polo tanto que isto non se trata de una negociación senón máis ben de una imposición coa permisibilidade do Sindicato maioritario que só soubo rebaixar cada vez máis as súas propostas de xeito gratuíto e unilateral sen que a Empresa aportara nada sobre a mesa.Estamos convencidos de que esta liña marcada pola Empresa non será a ultima vendo a facilidade da aceptación dos acordos por parte sindicato maioritario polo simple feito de ter un delegado máis. Lamentamos completamente ser afastados deste xeito da negociación así como de que os compañeiros do sindicato maioritario decidiran romper esta unidade sindical da que estamos convencidos nos levaría lonxe se todoas quixeramos defender as traballadoras.RESPONSABILIDADE É:
– Non aceptar recortes para todas as traballadoras cando ademais a Empresa non garantiza NADA una vez feitos.
– Non precarizar aínda máis se cabe a vida dos nosos fillos/as como novos/as traballadores/as.
– Así como por primeira vez a plataforma reivindicativa está feita polas traballadoras, debemos ser todos os que marquemos as liñas a seguir.
– Argumentar e botar por terra pretensións únicamente de acumulación económica por parte da Empresa.
– Defender a todas as traballadoras, independentemente da súa filiación sindical.
– Apostar pola unidade sindical a pesar das diferenzas sempre que haxa un frente común na defensa da plantilla.
– Solicitar (como fixo a CUT) explicacións de porque a Empresa pretende atar este convenio a 4 anos sen ningunha explicación lóxica pola súa parte máis que a de non enfrontarse continuamente ao Comité de Empresa.
– Solicitar (como fixo a CUT) plan económico sobre custos de peza así como datos económicos sobre que a incidencia que nos temos na conta de resultados.
– É contarvos a realidade e non medo innecesarioPORQUÉ A CIG E EMPRESA UTILIZAN COMO SINONIMOS RESPONSABILIDADE E REBAIXAS?Sinceramente podemos definirlles as diferenzas de dicionario entre “responsabilidade” e “rebaixas”. Non podemos entender como una plataforma feita polos traballadores/as é pasada co rodillo da CIG pisoteando as reclamacións de todos sen previa consulta. Consulta que pretenden facer incumprindo a lexislación para deixarnos fora, posto que non se nos consultou e aproveitaron a nosa ausencia.É Completamente ilóxico para nós qe so o Comité de Empresa ceda as pretensións da Empresa en 5 reunións (Tempos e formas medidas pola propia Empresa).Independentemente do que cada quen pense, pensade de xeito libre!!!