A CUT chega a Viaqua, constitúese a Sección Sindical

36

Os traballadores e traballadoras de VIAQUA, concesionaria dos servizos municipais de auga e saneamento en diversos concellos de Galiza, veñen de constituír a Sección Sindical da CUT nunha xuntanza celebrada no local sindical de Compostela o pasado 28 de setembro, diante do abandono da defensa dos dereitos neste sector por parte das corporacións sindicais.A CUT, que conta xa con algúns delegados en circunscripcións como Ourense, manterá unha liña activa en defensa dos dereitos laborais no servizo, unha posición contundente contra o latrocinio dos fondos públicos e unha constante garda e vixía das contratas adxudicadas á fin de que se cumpra coas ofertas que a empresa lle realizou ás diferentes administracións públicas.