Corre,corre,caballito

Corre,corre,caballito

33

O luns de novo, a Dirección vai aumentar as velocidades das cadeas. Esta vez, de novo tócalle a M1. E esta vez de novo, @s traballadoras/es imos padecer as consecuencias das decisións que se toman dende os despachos.

A CUT non ten coñecemento oficial deste aumento, pois a CUT e a unica central sindical con representación que non asinou o Convenio Colectivo, a pesar do ofrecemento da Empresa, a única que non esta na Comisión de Tempos e Rendementos, que é onde se falan estes temas. Ou mais ben, visto os feitos, onde se reciben as ordes da dirección.