Petit Comite 24 sept 15

Petit Comite 24 sept 15

32

No día de hoxe realizouse unha xuntanza de petit comité entre unha representación da empresa e unha representación das seccións sindicais con presenza no comité de empresa co asunto único na orde do día de “produción”

Previsión anual de 406.000 vehículos .

Horarios previstos outubro:

Nin sábados nin domingos, semanas de 5 días excepto o luns 12 outubro que é festivo, parada na semana 44.

Montaxe: S1. TNoite: 5h42 min, S2. TVariable: de tarde 4h05 min

Ferraxe: B9. TNoite: 4h50 min. M3-M4 TCentral 8h16min. B78.TVariable:de tarde 4h

Varios:

A CUT preguntou: A dirección a valoración que facía co problema de VW e a baixada do 13% nas accións de Psa? e si isto afectaría ao grupo: as previsións de fabricación ou emprego? A dirección responde que non vai comentar o tema.

A CUT re-preguntou: Si a empresa estaba en condicións de tranquilizar aos traballadores/as , e potenciais clientes asegurando que Psa non facía trampas como VW? A dirección non responde.

Este é un tema que preocupa e moito ao conxunto dos/as traballadores/as. Os sacrificios i esforzos salariais van verse tirados por terra?