19S. Asemblea Galega polo pan, o traballo e o teito

39

A Asemblea nacional das Marchas da Dignidade que este sábado 19 de setembro dende as 10.30 horas lle dará voz no coruñés Paraninfo da Maestranza a todas as persoas que durante todo este proceso se foron sumando á xusta e necesaria reivindicación de Pan, Traballo e Teito, servirá para afondar na construción da anceiada unidade popular e obreira de cara ao 24 de outubro, na que estas demandas volverán ateigar a praza do Obradoiro.Serán as compañeiras e compañeiros da plataforma da Coruña as que corran a cargo da organización dunha asemblea con dous puntos centrais: a análise do Estado actual das Marchas e o deseño dun plan de futuro para despois da mobilización do 24-O.O enderezo marchasdadignidade@gmail.com fica aberto para as inscripcións de todas aquelas persoas que queiran asistir á Coruña para compartir unha xornada esencial, pois en tempos de confusión organizada e desidia é que lle corresponde aos diferentes movementos populares dar un paso firme á frente en defensa da xustiza social e a transformación.