Unión sindical

33

Este correo foi enviado pola CUT Citroen ás centrais sindicais de clase con representación na fábrica para facer unha posta en conxunto contra a represión e as condicións socio-económicas á que nos está levando esta dirección; apelando novamente a unidade e a súa responsabilidade. Hai unha verdade irrefutable que serve para todos os ámbitos desta vida: “somos os nosos actos e non as nosas palabras”. De novo UXT e CCOO, non só non reixeitan a nosa invitación, senon que nin tan sequera por educación contestan o noso correo. Habería que lembrar os seus secretarios xerais que por riba dos seus intereses persoais, das súas carreiras -dentro dos seus respectivos sindicatos e da propia empresa-, por riba dos seus egos; teñen que estar non só os intereses dos seus afiliados senon os intereses de todos os traballadores que a conformamos.

Están aí e son o que son grazas aos seus afiliados e a unha xeración que loitou valentemente por ter os poucos dereitos que xa nos van quedando, e que esta nova xeración de sindicalistas, que non viviu épocas convulsas, se está a cargar aos poucos. E aínda que é comprensible que despois de tanto tempo sen pisar un posto de traballo, se perda a perspectiva, aínda que sexa máis tentador tomar café con xente de traxe que con traballadores con funda, se de verdade se consideran sindicalistas deberían recobrar a perspectiva do que está a acontecer no noso centro de traballo antes de que sexa tarde, porque está en xogo o pan de moitas familias, tanto da súa afiliación como do conxunto de traballadores.

A unión fai a forza, e aínda estamos a tempo…