As Marchas da Dignidade incrementan os esforzos cara o 21M

34

Entramos na recta final e nos pasos previos á gran convocatoria do 21M que levará un ano máis as Marchas da Dignidade a Madrid. Logo das mobilizacións nas urbes galegas o 25 de febreiro temos que facer un novo esforzo á hora de socializar a data na que centos de miles, quizabes máis de un millón, de persoas reclamen novamente Pan, Traballo e Teito polas rúas da capital do Estado.
As asembleas comarcais están a dispoñer todo o traballo para levar adiante, e con garantías sólidas, este proceso. Sexa facendo ou colocando pancartas, carteis, vendendo rifas para pagar os billetes da xente con menos recursos e con outras formas de axuda pero calquera que o desexe pode achegarse na súa localidade ou comarca a botar un cabo e multiplicar os resultados neste sentido.A Columna Galega das Marchas, ó igual que no resto de lugares, está a desenvolver un colosal esforzo para que a protesta na rúa sexa un éxito rotundo e se converta nun verdadeiro clamor da clase traballadora e de todo o estamento popular desfavorecido. Desta volta, a diferenza do 2014, a marcha do 21M suporá a antesala para a convocatoria da Folga Xeral, programada pola propia plataforma, unha vez superado o verán. Xa era hora de que alguén se fixese cargo. Non ocultamos a nosa ledicia porque xa lle tocaba á xente damnificada e ós colectivos sociaisdecentes tomar a batuta para frear tanto despropósitoPara aquelas persoas cuxo medio de transporte para acudir a Madrid sexa o tren cómpre saber que se están a manter negociacións coa empresa ferroviaria para facilitar o traxecto tanto desde o punto de vista loxístico como económico. Lembramos, a seguir, os teléfonos e puntos de venda de billetes aquí no país:Zona VIGO-PONTEVEDRA-COMPOSTELA – OURENSE639.819.369 – 654.389.804- 627.791.645- 687 288 566Zona CORUÑA – LUGO – SARRIA –MONFORTE- O BARCO654.629.190 – 696.903.890- – 661 402 977
Nesta ligazón podes acceder ao itinerario dos trens o 21 de marzo.Nestoutra ligazón podes consultar o perccorido das Marchas en Madrid, de Chamartín a Colón.