A CUT convoca unha folga indefinida por horas en PSA Vigo

A CUT convoca unha folga indefinida por horas en PSA Vigo

29

A CUT convocou hoxe formalmente e en solitario unha folga indefinida de dúas horas por cada quenda na fábrica de PSA Peugeot Citröen de Vigo a partir do próximo xoves. Vitor Mariño, un dos dous delegados electos da CUT no novo comité de empresa de PSA Vigo, explicou a Efe que a folga se desenvolverá na quenda de mañá de 8.30 a 10.30 horas, no de tarde, de 16.30 a 18.30 horas, e no de noite, de 23.30 a 01.30 horas.

Advertiu de que a CUT só desconvocaría a folga se na reunión do luns entre dirección e sindicatos aprecia unha “variación substancial” na súa proposta de axustes laborais para ter máis opcións de construír o novo modelo de furgonetas da multinacional francesa, coñecidas como proxecto K9.
Cre Mariño que a formulación inicial da dirección, que todos os sindicatos rexeitaron de plano, é unha especie de “chantaxe” para aumentar o beneficio por cada coche fabricado, e por iso insistiu: “non imos aceptar ningún tipo de recorte”. Xustificou a convocatoria hoxe da folga sen esperar ao que propón a dirección o vindeiro luns no requisito legal dunha antelación mínima de cinco días e recordou que se pode levantar media hora antes”.
A fábrica de PSA Peugeot Citröen de Vigo viviu estes días unha semana de parada de actividade por un axuste da produción debido á caída da demanda. Este paréntese na produción, que afecta a todas plantas da multinacional francesa en Europa, ten por obxectivo axustar as existencias de cara ao peche do exercicio.
Os sindicatos confían en que a dirección aproveite este paréntese para reformular a súa proposta de axustes inicial: unha rebaixa do 5% do salario bruto anual e conxelalo ata 2019, reducir nun 33% a prima de obxectivos, a antigüidade nun 10% e conxelala de agora en diante, e catro complementos, nun 50%: nocturnidade, terceira quenda fixa, cabinas e fin de semana.
Así mesmo, pretende fixar as licenzas ao que marca o estatuto dos traballadores, por baixo do pactado no convenio. Todas estas medidas propiciarían que a taxa de man de obra se reducira dos actuais 22 euros/hora á contorna dos 19 euros, máis preto dos custos de Portugal e Trnava (Eslovaquia), con quen compite a fábrica de Balaídos polas novas furgonetas, que suporían unha produción anual dunhas 200.000 unidades.

Enlade de El Progreso