O 29 DE NOVEMBRO TOD@S A COMPOSTELA “OCUPEMOS O OBRADOIRO

O 29 DE NOVEMBRO TOD@S A COMPOSTELA “OCUPEMOS O OBRADOIRO

13

Seguimos a padecer esta gran estafa provocada polo poder económico para manter os seus insultantes privilexios, unha crise usada como coartada polos seus sicarios, os gobernos europeos, que actúan como o que son, unha mafia sen escrúpulos que non ten reparos en cometer os crímenes que sexan necesarios para manter contentos aos seus donos. Os gobernos europeos minten, estafan, rouban e toman medidas contra as persoas porque non están ao servizo delas, están ao servizo das grandes corporacións que son as que logo lles facilitarán un cómodo retiro. Nós, a xente do común, temos que seguir a loitar contra estes criminais porque non podemos consentir que nos rouben o que é noso. Este sistema é ruín e perverso, e temos que loitar para cambialo.O inimigo non é pequeno nin está pouco preparado. Trátase do poder económico, e non o poderemos derrotar se non nos unimos na loita a gran maioría das persoas deixando de lado as nosas diferencias, que son moitas menos das que nos pensamos. O poder económico ten a meirande parte dos medios de comunicación do seu lado, ten o poder policial, o militar, ten o coñecemento científico, a educación, a xustiza, e nós temos a nosa dignidade e unidade para poder derrotalo. Dicimos derrotalo, sí, porque mentres non o derrotemos seguiremos a sufrir e a padecer os seus crímenes. Non vai ser doado, non queremos ser triunfalistas, pero as Marchas da Dignidade amosaron cal debe ser o camiño, demostraron que derrotar ao poder é posible.Non podemos permanecer calados mentres o goberno do estado agasalla con preto de douscentos mil millóns de euros aos bancos ao mesmo tempo que nos rouba dereitos en sanidade, educación, vivenda, traballo, servizos de emerxencia, pensións e xustiza. Non pode ser que o goberno teña a desvergoña de manter uns privilexios inxustos nas “elites” mentres temos máis de dous millóns de nenos e nenas en todo o estado español que pasan fame. Que clase de goberno é este que permite que os nenos e nenas pasen fame?. Que clase de goberno é o que permite que os bancos boten á xente á rúa?. É un goberno indigno, un goberno criminal e un goberno ilexítimo porque traballa contra as persoas do común, e é un goberno traidor porque está a vender o país a potencias estranxeiras. Nos está a deixar sen pan, traballo e teito, e non debemos nin o imos permitir. Temos a obriga de rebelarnos.Regalan a empresas privadas o que é noso, trafican cos nosos expedientes sanitarios, déixannos sen ferrocarril, sen aeroportos, sen enerxía e negocian de espaldas ao pobo o tratado de libre comerzo entre Estados Unidos e Europa para que as grandes multinacionais poidan facer o que se lles antoxe, sometendo completamente á vontade popular aos seus intereses. Con este tratado, as multinacionais poderán denunciar aos gobernos se non logran os seus obxectivos, mentres que os tribunais que xuzgarán estas denuncias estarán formados por comisións internacionais formadas por organismos como o FMI, Banco Mundial ou a Comisión Europea. Non negocian co pobo, negocian con multinacionáis.Levan por diante o medioambente, non lles importa o máis mínimo acabar con animais, plantas e ecosistemas enteiros. Queren facer na costa un muro de cemento e ladrillo, encher o mar de petróleo e estragar o máis prezado que temos que é a nosa terra, o noso entorno. Non lles importa levar por diante paraxes naturais únicos, facer minas descomunáis e perigosas ou facer autoestradas que destrúan paraxes tan importantes coma a da Ribeira Sacra do Sil. Destrúen a natureza e con ela o noso futuro e o da nosa descendencia. Temos un mundo finito e eles o están a estragar pensando que poden medrar sen fin, confirmando que non so son criminais, se non que tamén son imbéciles. Imbéciles, con todas as súas letras, porque non se pode chamar doutro xeito a quen destrúe o medio no que vive.Temos un paro xuvenil de máis do 50% e un presidente do goberno que o considera un bo dato, temos máis de seis millóns de parados e nos din que estamos a sair da crise. Sentimos noxo e vergoña de ter un presidente que engane dese xeito ao seu pobo, un presidente indigno e ilexítimo manchado pola corrupción que chegou ao poder mediante o engano e a mentira. E segue a enganar e a mentir.A Estratexia do poder económico é clara, crean unha crise e a utilizan para que o pobo perda dereitos, e cando xa non os teñamos entón dirán que a crisis rematou, pero esos dereitos nunca voltarán se non loitamos por eles, se non botamos fora do goberno a toda esta panda de mafiosos, corruptos e ladróns, se non facemos que o poder sexa do pobo e non das élites económicas. Para elo estamos aquí, para loitar polo que é noso e para chamar a todas as persoas que loiten con nós para ter pan, traballo e teito.
ESTAS SON AS RAZÓNS PARA MOBILIZARNOS O SÁBADO 29 DE NOVEMBRO
Galicia, setembro de 2014