Radiografía do desemprego I: 101.500 fogares con todos os membros en paro

Radiografía do desemprego I: 101.500 fogares con todos os membros en paro

33

No primeiro trimestre do 2014, o número de fogares con todos os seus membros en paro acada a cifra de 101.500 unidades, 5.600 fogares mais ca no último trimestre do 2013. Catro anos antes, no 2010, eran 61.600 fogares os que se estaban nesta situación dramática.
Segundo a enquisa conxuntural de fogares, neste primeiro trimestre do 2014, o 60,25% do total de fogares declaran ter algunha ou moita dificultade en chegar a fin de mes; no 2010 era o 58,55%. Os fogares cunha situación máis problemática son os monoparentais dos que o 71,21% declaran ter algunha ou moita dificultade de cubrir os seus gastos básicos antes de rematar o mes. No caso de parellas con fillos esta cifra sitúase no 60,25% do total desta tipoloxía. O 80% dos fogares de ata 1.000 euros de media de ingresos mensuais non chegan a fin de mes. Unha parte crecente acude a axudas doutros familiares e amizades.Por tamaño de concellos, a porcentaxe de fogares con maior dificultade está nos municipios con tramos de poboación entre 20 mil e 50 mil habitantes cun 67,49%. Séguelle en porcentaxe os de poboación entre 10 mil e 20 mil cun 65,23% de fogares con dificultades.