A CUT esixe a dimisión de Cifuentes

A CUT esixe a dimisión de Cifuentes

25

As mentiras e falsificacións continuas dos feitos por parte da delegada do goberno en Madrid respecto do acontecido o pasado 22 de marzo resultan inadmisibles nun estado que se define de dereito.

Tampouco a infiltración dunha manifestación multitudinaria e pacífica por elementos provocadores da policía co fin de rebentala son estratexias propias dun estado que se chama democrático. Xa durante o transcurso da manifestación, no medio dun ambiente de completa fraternidade e tranquilidade, tivo lugar unha intervención da policía na Praza de Colón, mentres os oradores tomaban a palabra, completamente inxustificada, que non tiña máis fin que o de ir caldeando o ambiente, e o de provocar unha reacción defensiva das persoas alí reunidas.A suposta violencia estoupou, ademais, curiosamente, contra as nove da noite, xusto no momento da desconexión para os telexornais do serán, e pouco antes do peche da edición dos medios impresos. Todo estaba perfectamente previsto e calculado para desacreditar unha das maiores manifestacións da historia da así chamada democracia española, tal e como recoñeceron medios estranxeiros.O que pretende o goberno de Rajoy é converter un acto de lexítima e masiva protesta popular nun espectáculo groseiro de mentiras prefabricadas onde se mesturan mencións demenciais a Resistencia Galega con probas vilmente preparadas, como a famosa muleta, que non fan máis que amosar o carácter claramente fascista dun goberno asustado que non ten máis recursos para tratar coa contestación social que a violencia, a manipulación e a mentira.Por iso desde a CUT esiximos a dimisión inmediata da delegada do goberno en Madrid, Cristina Cifuentes, incapacitada para o exercicio de tal cargo dentro dos límites impostos por un estado de dereito, así como a rectificación inmediata das mentiras e intoxicacións vertidas sobre as Marchas da Dignidade.