Xuntanza na Gentalha do Pichel polas Marchas da Dignidade

38

Onte celebrouse, na asociación cultural Gentalha do Pichel de Santiago de Compostela  a xuntanza organizativa polas Marchas da dignidade do 22 de Marzo a Madrid.A esta xuntanza asistiron unha representación diversos colectivos e sindicatos de toda Galicia como:CUTSTEGSindidcato FerroviarioArtistas Escénicos de GaliciaSindicato labrego GalegoFPGEsquerda UnidaStop Desaucios A CoruñaCXTPlataforma Galega de Artes EscénicasFronte cívica da Coruña e distintas persoas que a título individual se manifestaron a prol das marchas do 22M. A xuntanza comezou co reparto do borrador do manifesto xeral (por parte de CGT) e cunha exposición e explicación do mesmo por parte da CUT representada polo seu secretario xeral, Manolo Camaño. Posteriormente debateuse sobre o manifesto e da necesidade de aglutinar, a través destas Marchas da Dignidade, as distintas problemáticas e aspectos sociais como o aborto, así como de tentar potenciar estas Marchas a pesares do apagón informativo que están a sufrir por parte dos medios de comunicación do réxime. Mantense o debate sobre o sentido da Marcha e sobre a capacidade de organización para ir a Madrid, e da necesidade de que sexa unha manifestación representativa das distintas organizacións da clase obreira do estado español coa vontade de crear un proceso cidadán que mude as dinámicas a partires do 22M. Acadar, polo tanto, unha mobilización en clase de loita.Nesta ligazón podes acceder a unha galería de imaxes da reunión de onte.