Celebrada a asemblea comarcal do Morrazo

Celebrada a asemblea comarcal do Morrazo

32

Tal como estaba previsto este xoves 23 de xaneiro, celebrouse no salón de actos da sede da CUT, a Asemblea Comarcal do Morrazo. A asistencia superou os setenta compañeir@s e a asemblea foi presidida pola Executiva Comarcal saínte, que debullou a orde do día que estaba tamén prevista.En primeiro lugar, o Secretario Comarcal Moncho Fernández presentou o informe de xestión dos últimos catro anos, abordando os distintos aspectos do traballo sindical no Morrazo: a afiliación, as finanzas, a acción sindical e as mobilizacións. Sempre subliñando os aspectos negativos habidos, a valoración final do informe aprobado pola asemblea, foi positivo, tendo que resaltar o feito do mantemento das mobilizacións permanentes desde o ano 2012, e a apertura da nova sede comarcal da CUT.A continuación a asemblea por maioría d@s asistentes, votou a nova Executiva Comarcal de nove menbros, sobre unha lista de dezaseis candidat@s, representando ós distintos sectores: tres da Administración, tres do Metal, tres da Alimentación, tres do Mar, dous da Banca, un polo Ensino e un polo Textil. Resultando elexid@s @s seguintes compañeir@s:
FRAN CURRAS DOMINGUEZ ADMINISTRACION MARINISABEL SUAREZ CABALEIRO ENSINO CANGASPABLO CURRA MIRANDA ADMINISTRACION BUEUCRISTINA GOMEZ NOVAS ALIMENTACION BUEUMIGUEL BERMUDEZ DEVESA METAL MOAÑAROSA PILLADO PAREDES TEXTIL BUEUXOAN X. POUSADA FERNÁNDEZ ALIMENTACION CANGASMONCHO FERNÁNDEZ MARTINEZ BANCA CANGASMANUEL CABRAL CORDEIRO ADMINISTRACION CANGAS
@s restantes compañeir@s da lista, quedan proclamad@s como suplentes, no caso de ter que substituír a calquera d@s elixid@s.Como Secretario Comarcal, resultou elexido o compañeiro Fran Currás de Marín, e os compañeiros representantes da comarca no Secretariado Nacional, xunto co novo Secretario Comarcal, serán nomeados na primeira xuntanza da nova dirección. Hai que destacar no sentido positivo, a renovación do 60% do organismo, así como a incorporación ó mesmo de xente máis nova en idade.Como terceiro punto da Asemblea Comarcal, o compañeiro Manolo Camaño, en nome do Secretariado Nacional e da Executiva Comarcal sainte, abordou o punto relativo a estratexia da CUT para aprofundar na liña sindical da movilización. Fixo un chamamento a non desatender e a reforzar as mobilizacións semanais, como auténtico músculo da nosa capacidade sindical. Fixo mención ó recente conflito da conserveira Antonio Alonso de Bueu, destacando o valor da organización áxil e a solidariedade de clase para abordar un conflito difícil. Finalmente fixo un chamamento a engraxar a organización sindical, de cara a participar o vindeiro 22 de marzo, con todo abano sindical alternativo, e os movementos sociais do estado español, nas Marchas da Dignidade a Madrid.Tamén se referiu a necesidade obxectiva, “de fundirnos nas masas traballadoras, con combatividade, pero sen estridencias ou extremismos”. Dixo tamén, “nos sabemos como facelo; a CUT nace do enfrontamento radical ó sistema que nos oprime, na mobilización radical, pero nunca caemos na tentación de converternos nun grupúsculo liquidacionista”. “Hai que combinar a acción sindical decidida, ca mobilización permanente do conxunto da clase obreira”.Rematou a asemblea, coa intervención do novo Secretario Comarcal, Fran Currás, quen fixo un chamamento á participación de tod@s afiliad@s e afiliadas da CUT na Comarca, para seguir afortalando o sindicato no Morrazo, en clave de masas, combativo e de clase. Agradeceu a contribución e o sacrificio dos compañeir@s que deixan o organismo de dirección comarcal, e salientou na necesidade de aprender e de formarse máis e mellor, para así ter máis capacidade de intervención sindical, e ser referencia para a clase traballadora.Nesta ligazón pódese acceder a unha galería de imiaxes desta Asemblea Comarcal do Morrazo.