Oito meses de loita dos emigrantes pensionistas

Oito meses de loita dos emigrantes pensionistas

18

“Os pensionistas son traballadores, e non defraudadores”. Este lema fíxose popular de por ser o protagonista nas máis de vinte mobilizacións que protagonizaron @s traballadores emigrantes pensionistas, ó longo do País. A razón que motivou a saída á rúa deste colectivo é a resposta por ser estafados pola Axencia Tributaria. 

Efectivamente a mediados do mes de marzo, Facenda, é dicir o goberno do PP, comezou a remitir miles de requerimentos de pago ós emigrantes retornados. A razón, unha suposta obriga de declaración das súas pensións do estranxeiro. Como soe ocorrer nestes casos, a AT levanta descubertos de pago ás veces ate cinco anos atrás, chegando a solicitar o abono en moitos casos de máis de 15.000 euros.Un novo escándalo e unha nova estafa do Goberno do PP. Montoro na súa ansia recadatoria non repara en nada, loxicamente atraca @s traballador@s como é o caso, non vai atracar @s da súa camarilla. A eses, non se lles toca aínda que manteñan as contas bancarias na Suíza. Por razóns que nin hai que explicar onde máis incide esta estafa do Goberno é precisamente en Galicia. Por algo nos anos sesenta e setenta eran miles @s emigrantes en Alemaña, Holanda, Francia, Suíza ou Bélxica. As e os mesmos que agora, requísaselle as súas pensións de xubilación.No pasado mes de maio púxose a camiñar a Plataforma de Afectados do Morrazo. A partir de aí, foron moitas as que foron nacendo por toda xeografía galega, que son as que están a dinamizar as mobilizacións na rúa con outras iniciativas fronte as administracións galega e de Madrid.Como tristemente soe ocorrer, o traballo asembleario e de autoorganización d@s traballador@s pensionistas non podía camiñar so. No comezo os políticos e sindicatos maioritarios á usanza pasaron do tema, cando viron que o movemento collía forza, os voitres comezaron a planear. Chegando algúns a recorrer ó seu manual trasnoitado, montando algún xoguete á medida dos seus intereses. Non aprendemos nada, e eses mesmos acabarán coma sempre, asfixiando o paxaro por collelo polo pescozo.Para ver máis imaxes das manifestacións dos pensionistas, pódese acceder desde aquí.